EDITORIAL GALAXIA, S.A (en adiante EDITORIAL GALAXIA)
Neste apartado presentámosche os termos e condicións que rexen o uso deste sitio Web. Cando accedes e empregas este site estás aceptando cumprir e rexer o teu comportamento segundo estes termos e condicións. Se non estás de acordo con isto recomendámosche que non empregues este sitio Web.
Información Legal
Este sitio Web é propiedade de EDITORIAL GALAXIA, quen se encarga tamén de xestionalo. EDITORIAL GALAXIA é unha Sociedade Anónima con domicilio principal en Avenida de Madrid, 44, 36204, Vigo; con rexistro en Pontevedra, folla PO-10824, folio 47 do libro 1370 de sociedades, inscrición 1º.
Se tes algunha consulta ou comentario, podes poñerte en contacto con nós en galaxia@editorialgalaxia.gal ou chamando ao 986 43 21 00. Toda problemática que poida xurdir en relación a esta Web estará baixo a xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Vigo, Pontevedra, España. O usuario renuncia expresamente a calquera outro foro ó que lle puidese corresponder.
Protección de Datos
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio Web estará suxeito ao establecido no RXPD e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD) e polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos).
As persoas usuarias autorizan a EDITORIAL GALAXIA a incorporar á súa base de datos a información facilitada para poder acceder ela para os usos derivados da relación comercial. EDITORIAL GALAXIA poderá usar os devanditos datos para enviarlle información comercial dos seus produtos e servizos, comprometéndose a non cedelos, compartilos, transmitilos ou vendelos a ningún terceiro sen o consentimento previo e expreso da persoa usuaria. A persoa usuaria pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento empregando os datos de contacto mencionados no apartado Información Legal.
Propiedade intelectual
Os contidos deste sitio Web (textos, imaxes, gráficos, logotipos, vídeos e outros materiais) están protexidos pola Lei de Propiedade Intelectual e son propiedade exclusiva de EDITORIAL GALAXIA ou dunha terceira parte que outorgou os pertinentes permisos para o seu uso nesta Web. Está estritamente prohibida a reprodución, distribución, modificación ou uso non autorizado destes contidos sen o consentimento previo de EDITORIAL GALAXIA.
Uso da páxina
O uso deste sitio Web é responsabilidade das persoas usuarias, que se comprometen a non utilizalo con fins ilegais ou non autorizados. Non se permite a transmisión de contido difamatorio, obsceno, fraudulento, ou calquera outro que incumpra os dereitos dunha terceira parte. EDITORIAL GALAXIA resérvase o dereito de tomar medidas legais contra calquera uso indebido do sitio Web
Ligazóns a Terceiros
Este sitio Web pode conter ligazóns a sitios Web de terceiros. Estas ligazóns proporciónanse exclusivamente por conveniencia para as persoas usuarias. EDITORIAL GALAXIA non se responsabiliza polo contido, a seguridade ou a privacidade destes sitios Web de terceiros. A inclusión destas ligazóns non implica necesariamente unha afiliación ou respaldo por parte de EDITORIAL GALAXIA.
Cambios nos termos
EDITORIAL GALAXIA resérvase o dereito de modificar estes termos e condicións en calquera momento e sen previo aviso. Recomendámosche que revises con regularidade esta páxina para informarte de calquera actualización.
Data da última actualización: [06/09/2023]