Protección de datos

Quen somos?

EDITORIAL GALAXIA S.A. (en adiante, A EDITORIAL) con rexistro en Pontevedra, folla PO-10824, folio 47 do libro 1370 de sociedades inscrición 1º, é propietaria e xestora do sitio Web www.editorialgalaxia.gal. Para calquera comentario, dúbida e suxestión relacionada con temas da páxina Web, pode poñerse en contacto con nós mandando un correo electrónico a galaxia@editorialgalaxia.gal, chamando ao número de teléfono 986 43 21 00 ou visitando as nosas oficinas sitas en Avenida de Madrid 44, Baixo, Vigo.

 

Quen é o responsable dos seus datos?

EDITORIAL GALAXIA S.A.

Avenida de Madrid, 44, Bajo, 36204 - Vigo (Pontevedra)

CIF nº A-36603314

Inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, folio 47 do libro 1370 de sociedades, inscrición 1º.

 

Como tratamos os datos?

A privacidade e o tratamento serio dos datos facilitados son unha prioridade para nós, polo que aseguramos en todo momento o cumplimento da lexislación vixente en materia de protección de datos, de acordo cos principios de licitude, lealdade e tansparencia, así como o principio de limitación da finalidade e o de minimización de datos.

A EDITORIAL resérvase a facultade de adaptar a presente política aos cambios e novidades lexislativas que a afecten directamente. No suposto de modificación, A EDITORIAL anunciará os cambios e solicitará, de ser preciso, a súa aceptación. 

En cumprimento do disposto no Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016; (RGPD) e Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD); EDITORIAL GALAXIA informa de que os datos facilitados nos formularios habilitados para tal efecto son incluídos nun ficheiro responsabilidade desta entidade. Este ficheiro está protexido coas correspondentes medidas de seguridade técnicas e organizativas previstas na normativa vixente. 

Así mesmo, de conformidade coas actuais leis de protección de datos, as persoas usuarias teñen os seguintes dereitos con respecto ao tratamento dos seus datos:

-de acceso

-de rectificación

-de oposición

-de supresión (ao olvido)

-á limitación do tratamento

-á portabilidade

-a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas

-de información

 

Formularios

Os formularios habilitados na nosa páxina Web teñen a única finalidade de asegurar un servizo ó clinte. Os datos recollidos mediante estes formularios consérvanse durante o tempo que dure a relación comercial, coa finalidade de cumplir co servizo solicitado pola persoa usuaria. A información recollida mediante estes formularios non será empregada, polo tanto, para fins de marketing, a non ser que a persoa usuaria solicite o contrario.

 

Cookies

 

Canto tempo conservamos os teus datos

Pola natureza do noso labor, os datos consérvanse durante o tempo que dure a relación comercial ou comunicativa entre A EDITORIAL e a persoa usuaria. En casos moi concretos, a información pode gardarse durante máis tempo para satisfacer unha necesidade. En calquera caso, ante a solicitude da persoa usuaria do borrado da súa información das nosas bases de datos, a eliminación dos mesmos será automática.

 

Data da última actualización: [06/09/2023]