Libros de Ensaio/investigación galego

Ensaio/investigación galego (448)

  • TOPONIMIA DE ZAS
    LEMA SUAREZ, XOSE MARIA
    Toponimia de Zas afonda nas orixes etimolóxicas de 117 lugares e máis de vinte espazos xeográficos de interese de Zas, o máis interior dos tres concellos que conforman a Terra de Soneira. Boa parte ds topónimos estudados son únicos en Galicia, algúns teñen etimoloxías discutidas e outros, orixes escuras e mesmo enigmáticas. Xosé Mª Lema é correspondente da Real Academia Galega...
    Non dispoñible

    20,00 €

  • GALICIA, DISTRITO INDUSTRIAL
    BAAMONDE, ANTON
    En Europa estamos asistindo ao retorno da política industrial. É unha ventá de oportunidades e cabe tomar decisións estratéxicas. Galicia posúe un sector industrial interesante. Hai un abano extenso de empresas cun alto valor tecnolóxico e internacionalizadas.Nestas conversas, Daniel Hermosilla, director executivo de Rodiñas, insiste, contra a imaxe estereotipada, en que “aquí ...
    Dispoñible

    22,60 €

  • LENDAS GALEGAS DE TRADICION ORAL
    GONZALEZ REBOREDO, XOSE MANUEL
    A literatura oral, a enorme e riquísima tradición popular galega, recóllese nesta antoloxía das Lendas galegas de tradición oral. Unha recomplilación ampla e representativa na que cada unha das manifestacións da imaxinación, desde as historias de mouros ás cidades asolagadas, pasando polas lendas de tesouros, lobos e lobishomes, chega aos lectores e lectoras con toda a súa fant...
    Dispoñible

    18,90 €

  • UNOS AÑOS DE EMIGRACION EN BUENOS AIRES (EDICION FACSIMILAR)
    SANCHEZ ABAL, LUIS
    Unos años de emigración en Buenos Aires (1917) constitúe a primeira obra en prosas de Luis Sánchez Abal. Encadrábel no xénero da novela de quiosco, e con claras inspiracións autobiográficas, descríbese nela a andaina vital dun novo inmigrante, Aurelio Monterrey, quen traballa primeiro no comercio e despois tenta conseguir un oco no panorama literario e xornalístico. ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • SABER DE NOS. O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS
    MONTEAGUDO, HENRIQUE / VILLARES, RAMON
    O ano 2023 cumpriuse o centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos (SEG), unha iniciativa que tivo un percorrido tan breve como brilante (1923-1936), ata o punto de ser recoñecido como un fito na modernización tanto da cultura galega coma da propia universidade. O dito centenario ofreceu unha ocasión idónea para realizar un balance da súa significación na historia ...
    Dispoñible

    20,00 €

  • ESTEBO (EDICION FACSIMILAR)
    LESTA MEIS, XOSE
    A novela Estebo, publicada or vez primeira na Coruña, en 1927, pola Biblioteca de Novelas Lar, da editorial Nós, é a contribución literaria máis importante de Xosé Lesta Meis. Estebo segue a ser unha obra fundamental para achegármonos ao contexto do mundo rural na época da masiva emigración a Cuba. ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • DOCUMENTOS MEDIEVAIS DE SANTA MARIA DE BAIONA (1274-1531)
    MAURE RIVAS, XULIAN
    Os documentos que se publican neste libro estiveron ata 1976 arquivados na igrexa de Santa María de Baiona; hoxe gárdanse no Arquivo Diocesano de Tui, como moitos dos documentos e libros parroquiais desta diocese. Cando en 1988 se fixo esta transcrición, dos 68 documentos que compartían a referencia «Documentos de Baiona» seleccionáronse os que estaban escritos en lingua galega...
    Dispoñible

    10,00 €

  • VERDADES COMO PUÑOS Y CONSIDERACIONES (EDIC.FACSIMILAR)
    TALADRID CATA, JUSTO
    Verdades como puños y consideraciones. Mis servicios añ distrito de Vivero (1935), obra do indiano Justo Taladrid Catá con prólogo do xornalista local Salvador Pérez-Labarta Pillado, constitúe un libelo polémico no que o seu autor intentou xustificar a súa propia conduta, que o moitos sectores sociais e institucionais xulgaron e denunciaron con fundadas razóns como obstrucionis...
    Dispoñible

    15,00 €

  • INIMIGOS AS PORTAS. FRANK LOPEZ E O ANARQUISMO GLOBAL
    ALONSO, BIEITO
    A historia de Frank López —Francisco López García (1885-1967), natural de Bemantes, Miño— non é unha historia común, nin sequera dende os parámetros lexibles en que se moveron os anarquistas de orixe galega nos Estados Unidos. Mais, como escribir sobre alguén que apenas existe? Aínda así, pode resultar de interese a historia dun simple individuo para explicar a traxectoria tran...
    Dispoñible

    24,80 €

  • ERUDICION E ILUSTRACION. ESTUDOS SOBRE MARTIN SARMIENTO
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    Coincidindo co 250º cabodano de Martín Sarmiento (1695-1772), en 2022 viñeron a lume os volumes I e V da Obra de 660 pliegos, que completaban a edición do texto deste oceánico escrito, iniciada en 2008 coa publicación dos volumes II, III e IV. Co gallo de esta efeméride, o Consello da Cultura Galega, padroeiro do proxecto «Obras de Martín Sarmiento», organizou un encontro cient...
    Dispoñible

    20,00 €

  • MILLENNIALS: UNHA XERACION ENTRE DUAS CRISES
    CAMPOS PICO, RAQUEL
    A xeración millennial medrou na España que “vai ben” e estaba chegando á idade adulta cando o país estaba na “Champions da economía”. Todo apuntaba a un futuro cor de rosa, mais a realidade acabou sendo moi diferente. A crise de 2008 freou a súa entrada no mundo laboral e a pandemia foi un golpe inesperado cando estaban comezando a ver unha lixeira recuperación. E agora seguen ...
    Dispoñible

    21,30 €

  • ENTRE O TERCEIRO REICH E OS ALIADOS. GALICIA E A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
    DOMINGUEZ CASTRO, LUIS (EDITOR)
    Este volume recolle os relatorios da xornada de Galicia e a Segunda Guerra Mundial que o Consello da Cultura galega acolleu o 13 e o 14 de abril de 2021. Aquel conflito é un dos momentos centrais da historia da humanidade e Galicia non foi allea ao enfrontamento. ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • CANDO CHORARON AS CIES
    DOMINGUEZ, SANTI
    O día en que choraron as Cíes, miles de persoas nos convertemos en panos de man para enxugar as súas bágoas.O día en que chorou o mar, miles de persoas fomos quen de berrar “Nunca máis”.Hoxe o noso mar e grande, segue queréndonos e segue coidando de nós.Velaquí un libro que trata de amor, dese amor que moitos e moitas lle demostraron ao mar cando estaba estragado pola negrura e...
    Dispoñible

    21,30 €

  • MEMORIA DO VIGO PROLETARIO
    VARIOS
    Velaquí unha crónica rigorosa daquel setembro vermello vigués de 1972 do que se celebra o 50 aniversario. A maior mobilización obreira da historia de Galicia en que, do 9 ao 26 de setembro, máis de quince mil obreiros foron á folga e reivindicaron polas rúas da cidade os seus dereitos fronte ao réxime franquista. Aquelas multitudinarias xornadas de solidariedade e protesta dero...
    Dispoñible

    25,55 €

  • TOPONIMIA DE CARBALLO
    CABEZA QUILES, FERNANDO
    A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia, partindo do Nomenclátor publicado pola Xunta de Galicia rn 2003, xunto cos principais accidentes xeográficos da zona. Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, ...
    Dispoñible

    16,00 €

  • SON DE GALICIA. OS COROS GALEGOS
    VARIOS
    O libro que tes nas túas mans acompaña a mostra Son de Galicia, organizada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo principal de homenaxear as catro corais galegas centenarias, na secuencia dos actos programados para reavivar a memoria das Irmandades da Fala e renderlles tributo, a elas que ao movemento xerado ao seu carón, pola pegada deixada na cultura galega do último sé...
    Dispoñible

    12,00 €

  • TOPONIMIA DE BEGONTE E RABADE. COLECCION TERRA NOMEADA
    MARTINEZ LEMA, PAULO
    Con esta colección, a Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica pretenden recompilar e estudar os nomes de lugar habitados e algúns dos principais accidentes xeográficos dos concellos de Galicia, dun xeito divulativo e ameno para axudar a coñecérmonos algo máis como galegos. ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • TOPONIMIA DE AMES. COLECCION TERRA NOMEADA
    LOPEZ BOULLON, XOSE RAMON
    A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia. O punto de partida son os núcleos de poboación establecidos no Nomenclátor publicado pola Xunta de Galicia en 2003, e mais os princiapais accidentes xeográficos ou lugares característicos da zona (ríos, montes,...
    Dispoñible

    15,00 €

  • OFRENDA LIRICA A NENA SILVIA SANTIAGO CONDE
    VARIOS
    O sete de setembro de 1960, a nena Silvia Santiago Conde facía a primeira comuñón na Coruña e seu pai, o escritor e empresario Silvio Santiago, autor de Vilardevós e de O silencio redimido, convocou amigos, poetas e escritores galegos a participaren nunha Ofrenda Lírica en forma de libro e celebraren, así, o acontecemento. Responderon á chamada dezasete autores de primeiro niv...
    Dispoñible

    12,00 €

  • METODOLOXIA DIDACTICA DO REPENTE GALEGO
    VARIOS
    Neste traballo repararemos nas posibeis orixes do Repente Galego e en todo o relacionado co proceso creativo, desde as tonadas máis habituais, até o xeito de armar as coplas. Ademais disto, faremos un percorrido pola diferentes manifestacións no eido da improvisación poética que se dan na Galiza e ao redor do mundo. ...
    Dispoñible

    18,00 €

  • OS EXILIOS IBERICOS: UNHA ILLADA COMPARADA 70 ANOS F.CONSEL
    VARIOS
    Reúnense neste volume os textos presentados e debatidos no marco do simposio Os exilioa ibéricos en Clave Comparada, que co gallo do 70 aniversario da fundación en Montevideo do Consello de Galiza foi realizado en Santiago de Compostela os días 14 e 15 de novembro de 2014, coorganizado polo Consello da Cultura Galega e o Grupo de Investigación da USC Historia Política e dos Nac...
    Dispoñible

    20,00 €

  • INVESTIGACION EDUCATIVA EN GALICIA,A (2002-2014)
    SANTOS REGO, MIGUEL ANXO
    Este libro é froito da vontade de colaboración entre investigadoras e investigadores da educación das tres universidades de Galicia. O seu propósito é sistematizar e divulgar as achegas do traballo desenvolvido contando tamén coa implicación de mestres e profesionais doutros niveis de ensino. ...
    Dispoñible

    31,80 €

  • TEMPO DAS MAREAS,O
    LOPO, MARIA
    María Victoria Casares Pérez naceu fronte ao mar da Coruña en 1922. As guerras e os exilios conducírona a Francia, onde se converteu en Maria Casarés, unha das grandes actrices europeas do século XX. O tempo das mareas percorre a súa vida dende unha óptica galaica, achegando datos e materiais inéditos sobre a infancia coruñesa, a adolescencia madrileña, a xuventude exiliada e a...
    Dispoñible

    15,00 €

  • ELISEO PULPEIRO. AS LETRAS GALEGAS ENTRE DUAS RIBEIRAS
    VARIOS
    Eliseo Pulpeiro (Ribadeo 1901 - Bos Aires 1974) emigra cos seus pais e irmáns a Arxentina cando acaba de cumprir doce anos. Nunca se esquece do seu Ribadeo e da súa Galicia e segue desde a distancia todo aquilo que acontece na terra que o viu nacer. ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • RAMON OTERO PEDRAYO. UNHA FOTOBIOGRAFIA 1888-1976
    VARIOS
    Ao longo destas páxinas, os lectores e lectoras do século XXI teñen oportunidade de viaxar por un tempo histórico: a memoria das cousas, ilustrado con documentos gráficos que contextualizan a biografía do Patriarca. Despois del, ninguén con tanta xustificación e tanta uninimidade recibiu semellante tratamento.Otero é un xigante intelectual, unha especie de titán, xunto cos seus...
    Dispoñible

    22,00 €

  • GALICIA EN CUBA. LINGUA.ROSALIA.LOITAS
    NEIRA VILAS, XOSE
    Temos aquí tres libros nun só volume. Tres temas ou capítulos definidores da obra dos nosos emigrantes que arribaron a Cuba. O autori Xose Neira Vilas, viviu 31 anos naquela illa (entrañable para milleiros de galegos), dos que dedicou máis de vinte e cinco a investigar con rigor e tenacidade a presenza galega dende 1870 ata hoxe. ...
    Dispoñible

    18,00 €

  • TRADUCION GALEGA DO LIBER DE MEDICINA EQUORUM DE GIORD.RUFO
    PEREZ BARCALA, GERARDO
    A tradución galega do Liber de medcina equorum de Giordano Rufo Pouco despois da morte de Federico II de Sicilia en 1250, quen fora miles in marestalla da corte, Giordano Ruffo a Calabria, escribe en latín un manual de veterinaria coñecido co título De medicina equorum desde a edición Girolamo Molin. A obra tivo unha ampla difusión en latín e tamén en romance, pois axiña foi tr...
    Dispoñible

    25,00 €

  • SECULO DE XELMIREZ, O
    VARIOS
    A figura de Diego Xelmírez, con ser tan senlleira e mesmo única na historia de Galicia, goza dunha irregular fama. A súa executoria histórica reúne en si mesma, a partes iguais, tanto de grandeza como de maldición. Non deixou indiferente a ningún dos seus estudosos, pero tampouco os seus coetáneos inmediatos lle gardaron fidelidade. As súas cinzas fican en lugar ignoto e o seu ...
    Dispoñible

    18,00 €

  • CONTACTO DE LINGUAS, HIBRIDADE, CAMBIO:CONTEXTOS,PROCESOS E
    VARIOS
    Este volume propón ofrecer visións innovadoras sobre o contacto lingüístico galego-castelan alen dos paradigmas lingüísticos tradicionais, e presenta así mesmo olladas relevantes sobre o contacto desde a persepectiva do portugués, tanto europeo como brasileiro. ...
    Dispoñible

    18,00 €

  • ANTOLOXIA DA LITERATURA GALEGA 1981-2011 (ANTHOLOGY GALICIAN
    DUNNE, JONATHAN
    Esta antoloxía aspira a presentar a literatura galega contemporánea ao público lector en lingua inglesa e constitúe unha continuación da histórica Antoloxía da literatura galega. 1196-1981, publicada en 2010.Ambas as dúas foron escolmadas por Jonathan Dunne, tradutor de prestixio, que se encargou da edición. Sesenta textos de sesenta autores ofrécense nesta nova antoloxía en ed...
    Dispoñible

    31,60 €