Narrativa galego / 50 ANOS CON MERLIN E FAMILIA. MILLOR QUE DECILA FORA PINTALA

50 ANOS CON MERLIN E FAMILIA. MILLOR QUE DECILA FORA PINTALA

50 ANOS CON MERLIN E FAMILIA. MILLOR QUE DECILA FORA PINTALA

ISORNA, FAUSTO

22,35 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2005
Materia
Narrativa galego
ISBN:
978-84-8288-844-6
Páxinas:
92
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LIBROS SINGULARES E FORA DE COLECCION
22,35 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Contra principios do verán de 1955, Editorial Galaxia, que había pouco que comezara a andar (1950), publica un libro certamente excepcional: Merlín e familia. Medio século despois Galicia celebrou o acontecemento.
Merlín nos claustros de Compostela.
Douscentos colexios pasaron pola exposición. Máis de 60.000 persoas, entre novos e adultos, visitaron as tres galerías do Museo do Pobo Galego onde, desde o 15 de setembro ata o 30 de novembro de 2005, Editorial Galaxia, co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e coa colaboración dunha chea de institucións, empresas e particulares, celebraba os primeiros cincuenta anos da edición de Merlín e familia, o primeiro título de narrativa que Álvaro Cunqueiro publica en 1955.
O vello Claustro de San Domingos de Bonaval e máis tres salas do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acolleron os case 250 metros cadrados de paneis, estruturas de aluminio e de ferro, escénografía, manequíns, pantallas e ordenadores, cadros, vitrinas e obxectos varios nos que os comisarios da exposicións (Gustavo A. Garrido, Xosé Antonio Neira Cruz e Víctor F. Freixanes) presentaron non só o mundo "merliniano" senón a biografía e máis a obra de Álvaro Cunqueiro, a visión de diferentes artistas sobre a mesma e un documento excepcional: o manuscrito Ms 2434, coñecido como "manuscrito Soberanas", no que se recollen, en pergamiño, tres folios e seis páxinas da versión galego-portuguesa (sec. XIV) da Suite du Merlín, pertencente ao ciclo da posvulgata, orixinal do século XIII. O profesor Amadeus-J. Soberanas i Lleó, catedrático da Universidade de Barcelona, descubriuno por casualidade, traballando nun incunable, e a Biblioteca de Cataluña, onde está depositado, consentiu o seu desprazamento a Compostela para poder participar na recreación xeral de Merlín e a memoria que este personaxe literario e mitolóxico (aínda que con certos referentes de carácter histórico) deixou na literatura galega: medieval e contemporánea.
A exposición abríase cunha recreación do mundo de Merlín tal e como Álvaro Cunqueiro o imaxinou na serra de Meira, na montaña luguesa, a onde a xenialidade do escritor traslada o personaxe artúrico na compaña da raíña Xenebra. Un neno de nove anos, Felipe de Amancia, que como narrador lembra aqueles días desde a súa memoria de vello, evoca o mundo marabilloso que rodeaba ao seu amo Merlín e a quenes o visitaban: a princesiña que quería casar, as historias de Algaribo, a serea grega, o hugonote de Riol, o paxe de Aviñón... A recreación escenográfica, pensada moi especialmente para rapaces novos e concibida desde o espírito da ensoñación máis lúdica, estivo a conta de Rodrigo Roel.
Fausto Isorna encargouse do deseño xeral e, sobre todo, da nova imaxe: unha nova ollada sobre a obra de Cunqueiro. En 1955 fora Manuel Prego de Oliver o encargado de recrear os personaxes cunqueiriáns. Cada tempo ten a súa mirada. Fausto elaborou unha serie de colaxes que ilustraron a exposición e o libro Millor que dicila fora pintala... 50 anos con "Merlín e familia", libro que en certa maneira serviu de catálogo ou recordo para os visitantes, xunto cunha variada oferta de obxectos que ían desde chapas e adhesivos a lápis de colores, fulares, camisetas e paraugas. Trátabase de converter a celebración nunha festa, e así o entenderon as case 500 persoas que acudiron aos claustros de San Domingos de Bonaval o día da inauguración.
Un segundo espazo expositivo centrábase máis especificamente na obra de Cunqueiro e na biografía do escritor. Tamén no seu mundo e nos seus amigos. O editor Francisco Fernández del Riego, presente a través dun audiovisual, narra a peripecia histórica "dun manuscrito que realmente non existe, pois a obra foi nacendo do diálogo entre os dous, Cunqueiro e máis eu, e dos textos que pouco a pouco me ía enviando e que eu lle devolvía con correcións de imprenta".
No libro Cartas ao meu amigo, editado por Galaxia na colección "Memoria", recóllese esta correspondencia entre o editor e o escritor, amigos desde a infancia ata o falecemento de Cunqueiro (Vigo, 1981).
A terceira parte centrábase na figura do Merlín como personaxe mitolóxico e literario, desde as raiceiras célticas e prelatinas á iconografía universal contemporánea: a pintura, a banda deseñada, a novela, o cine, o teatro e a televisión, pasando pola pegada que a súa figura deixou nas nosas letras. Era de notar a magnífica figura dun Merlín elaborado polo escultor Eiroa, presentada na mostra por Xaime Isla Couto.
Durante os dous meses e medio que durou a exposición varios miles de escolares de toda Galicia pasaron polas salas e os claustros do Museo do Pobo Galego, que cedeu xenerosamente as súas instalacións e se sumou aos actos complementarios da mostra: ciclos de conferencias, debates, recitais e actuacións teatrais, recreacións para os máis novos de personaxes da obra, encarnados por un Felipe de Amancia que encarnaban as actrices Sabela Gago e Nati Borrajo. Dolores Vilavedra coordinou as conferencias e mesas redondas, nas que participaron novas e vellas xeracións: desde Francisco Fernández del Riego a César Cunqueiro, Darío Xohán Cabana, Xosé Miranda, Xosé Luís Franco Grande, Victoria Cirlot, Henrique Monteagudo e César Antonio Molina.
A idea dos promotores foi levar este acontecemento por toda Galicia, memoria dun libro que marcou unha época e inaugurou unha maneira de narrar, irrepetible e orixinalísima. Xunto con Blanco Amor e Fole, Cunqueiro constitúe a trepia refundacional da narrativa en lingua galega despois de 1936.

Artigos relacionados

  • VIRTUDES(E MISTERIOS)PREMIO B.A 2019-NACIONAL NARRATIVA 21
    FRAGA, XESUS
    Premio Nacional de Narrativa 2021. Premio Blanco Amor 2019. Premio da Crítica de Galicia 2021Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futur...
    Dispoñible

    22,50 €

  • PORCO DE PE, O (BVR) (CON ILUSTRACIONS)
    RISCO, VICENTE
    O porco de pé (1928) é unha das obras máis coñecidas de Vicente Risco, ademais da primeria novela galega moderna, segundo moitos críticos.Aínda que o pretexto da obra é o ascenso de don Celidonio cara á cúspide da sociedade nunha Galicia caciquil, as súas páxinas son en realidae un cadro paródico amargo da época, onde o narrador dispara o torto e a dereito contra todas as ideol...
    Dispoñible

    17,95 €

  • DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL(P.N.EUROPEA C.SANTIAGO
    PORTABALES, ARANTZA
    As historias poden contarse de moitas formas. Mais poucas tan orixinais coma esta, deslumbrante, que nos propón Arantza Portabales neste segundo libro logo do éxito sen discusión da súa anterior novela, Sobrevivindo.Un mollo de voces que deixan mensaxes nun contestador. Historias de moitas almas que imos construíndo a medida que escoitamos o que se deixa nun aparello, frío, que...
    Dispoñible

    22,10 €

  • PRINCIPIÑO, O
    SAINT-EXUPÉRY, ANTOINE DE
    Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra.Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un...
    Dispoñible

    13,85 €

  • ÁLBUM DE GARRINCHA, O
    MACEDA ABELEIRA, BEATRIZ
    Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en mente o protagonista desda novela que, a través do fútbol, vai conseguir entender o mundo, ás veces hostil, que o ...
    Dispoñible

    14,80 €

  • ESMORGA, A (BBA)
    BLANCO AMOR, EDUARDO
    Desde a súa publicación en 1959, A esmorga, está considerada unha das grandes novelas galegas do século XX. Innovadora e perturbadora, conta a itinerancia de tres personaxes marxinais (o Castizo, o Bocas e o Milhomes) polas rúas dunha Auria envolveita na chuvia interminablwe. Vintecatro horas de narración veloz e inexorable, inzadas de tensión trangresora e absorvente. Unha via...
    Dispoñible

    16,45 €