MENENDEZ RODRIGUEZ, ANA Mª / XOSE INSUA, EMILIO
A Blibioteca da Real Academia Galega conserva, na súa colección unha valiosísima doazón de libros e folletos que foran da propiedade de Antón Vilar Ponte. Nos andeis da biblioteca do intelectual viveirense amoreábanse non simples obxectos de papel impreso e encadernado, senón un fondo suxestivo de ideas, un material de traballo valioso para nutrir a súa articulística, testemuños elocuentes das sintonías que establecía no transcurso da súa actividade cívica e política, probas dos afectos persoais e das conexións de pensamento instauradas.