CANDO MARCHAN AS LUCES

CANDO MARCHAN AS LUCES

BLANCO POSE, AMALIA

16,85 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-411-7
Páxinas:
130
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA RONSEL
16,85 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Este libro afonda na fraxilidade de existir, na loita invisible entre a mente e o corpo, nunha espiral de ecos que non calan. Non é un estudo nin unha análise, só a deriva dun pensamento que se enlea en si mesmo, ancorado entre a memoria e o esquecemento.
Lúa, unha rapaza de 16 anos nada en Barcelona, sofre de depresión tras a morte do seu pai. A súa vida convértese nun labirinto de ausencias onde cada lembranza pesa como unha ferida aberta.
Entre o baleiro e a esperanza, entre o medo e a resistencia, a protagonista busca un equilibrio imposible, un significado que sempre logra fuxir do entendemento. A historia entrelaza as reflexións de Lúa coa mirada das súas amizades e familiares, que actúan como testemuñas do seu descenso e loita contra a doenza.

Artigos relacionados

  • LINGUA ESTRANXEIRA, A (PREMIO DA CRITICA NARRATIVA GALEGA 2022 E OJO CRITICO NARRATIVA 2023)
    BRAIS, LAMELA
    Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece.Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro deci...
    Dispoñible

    22,50 €

  • MINIATURAS E OUTRAS DIMENSIÓNS
    ÁLVAREZ CÁCCAMO, XOSÉ MARÍA
    Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das “Miniaturas” contrastan cos máis extensos do apartado “Outras dimensións”. O tempo comprimido das “Miniaturas” expándese no proceso de reinterpretación de motivos míticos e históricos, procedemento, non exclusivo no conxunto destas narracións, que dirixe, entre outras, a relectura da coñecida ...
    Dispoñible

    16,50 €

  • PERDER O NORTE (IX PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2025)
    QUIROGA, MARIA
    A perda dunha persoa querida de maneira inesperada, os recordos que golpean a memoria, as palabras que non se din, os encontros que adiamos e a culpa que aparece irremediablemente. Unha viaxe en bicicleta para ordenar os pensamentos, tempo a soas para conectar con unha mesma e tamén para trabar conversa con persoas descoñecidas que emprenden o Camiño de Santiago coas súas propi...
    Dispoñible

    19,00 €

  • AMOR, O ODIO E A IGNORANCIA, O
    FERNÁNDEZ BLANCO, MANUEL / CALLÓN CARLOS
    Manuel Fernández Blanco é un psicanalista cunha longa traxectoria na atención individual, mais tamén un psicanalista cidadán, atento aos síntomas da vida colectiva. O profesor Carlos Callón propúxolle esta conversa para, nunha linguaxe próxima, pensar os malestares do noso tempo. De Umberto Eco a Shakira, de Ed Sheeran a Pilar Pallarés, de Fernando Pessoa a Donald Trump, unha s...
    Dispoñible

    20,50 €

  • MÍSTICAS. CURSO DO 34 (II PREMIO XOSÉ NEIRA VILAS LITERATURA XUVENIL 2026)
    DOMÍNGUEZ, ÁLVARO
    Corre o ano 1934. Clara Campoamor, a primeira deputada que fala diante do Congreso español, consegue que o sufraxio feminino entre na Constitución. Outra vitoria na loita polos dereitos da muller é de Miranda Xardín, a primeira mística que admiten na Escola de Tambo para Fillos de Breogán, unha institución tradicionalmente masculina cunha longa historia no ensino do oficio de m...
    Dispoñible

    15,50 €

  • HOME QUE MATOU A ANTIA MORGADE, O
    PORTABALES, ARANTZA
    Seis amigos reencóntranse despois de vinte anos nunha cea o 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. Baixo o estrondo dos brindes e dos fogos artificiais, un disparo remata coa vida dun deles. O inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso terán que enfrontarse a este crime nunha nova e apaixonante investigación, e to-do apunta a que é, no pasado común deses com...
    Dispoñible

    21,40 €