CANTIGUEIRO DE COMPOSTELA

CANTIGUEIRO DE COMPOSTELA

VARIOS

18,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-412-4
Páxinas:
96
Encadernación:
Tapa dura
Colección:
LIBROS SINGULARES E FORA DE COLECCION
18,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

O cancioneiro popular galego é unha creación colectiva, oral e normalmente anónima. Un dos alicerces da nosa Cultura —con maiúsculas, pois todo é cultura, malia que algúns diletantes aínda queiran poñer por enriba o creado en soidade sobre unha escribanía que as creacións do pobo entre cantos, viños e danzas.
Esta recompilación é froito tamén dunha obra colectiva. Os escolmadores beberon dos estudosos e recompiladores que os precederon, comezando polo padre Sarmiento no século XVIII e rematando con Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no século XX, pasando por Saco e Arce e Domingo Blanco.
Foron eles, co seu traballo e esforzo, quen nos permitiron coñecer estas cantigas transmitidas xeración tras xeración, case sempre por mulleres, que, doutro xeito, estarían perdidas para sempre no remol do tempo.
Este Cantigueiro de Compostela esta conformado por dous grupos ben diferentes de cantigas: por unha banda as recollidas en Santiago de Compostela, especialmente no lugar de Folgoso, na parroquia de Santa María de Figueiras, e, pola outra, aquelas onde se menciona á cidade, o seu santo, os seus mosteiros, de San Martiño a San Francisco, e algunhas das rúas máis senlleiras, do Vilar á Calderería, ou lugares, como Conxo e o Pico Sacro, o monte Illicinus do Códice calixtino, desde onde os peregrinos ven por vez primeira as ansiadas torres da catedral.
Quen hoxe paseamos e volvemos pasear polas súas rúas lousadas quedamos prendidos de Santiago, como o fixeron quen moito antes nos precederon e o cantaron, como demostran o monllo de cantigas que seguen.

Artigos relacionados

  • CANTIGAS POPULARES
    SCHUBARTH, DOROTHE - SANTAMARINA, ANTON
    A finais da década de 1970, Dorothé Schubarth e Antón Santamarina percorreron Galicia recollendo os cantares populares de tradición oral da boca dos seus intérpretes, que se reuniron nos sete volumes do Cancioneiro popular galego, o repertorio máis extenso da música popular de tradición oral galega, de onde se escolmaron estas Cántigas populares, agrupadas por xéneros e tipos: ...
    Dispoñible

    18,50 €

  • VELLAS DE MENS, AS
    FERNANDEZ PENSADO, JOSE MANUEL
    Con motivo da concesión das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada nas cantareiras, José Manuel Fernández Pensado (Manel de Aturuxo) achéganos un relato de primeira man das “Vellas de Mens” desde a perspectiva de quen as viu aparecer en 1972 e coas que conviviu artisticamente durante vinte anos, compartindo infinidade de vivencias con elas e as súas familias.R...
    Dispoñible

    14,90 €

  • POESIA E SOCIEDADE NO CANCIONEIRO POPULAR GALEGO
    ALONSO MONTERO, XESUS
    Cántigas hai que son faíscas sorprendentes de poesía, algunhas recolleitas por Rosalía, que non se resistiu a telas en conta como raíz íntima de fermosos e significativos poemas.En Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego, Xesús Alonso Montero pon a atención en dúas dimensións das nosas composicións populares: no que teñen de artístico, de poético, e no que conteñen com...
    Dispoñible

    16,95 €

Outros libros do autor

  • DA FALA AO PRELO (ANEXOS BRAG 12)
    VARIOS
    Agora que a Real Academia Galega cumpre 120 anos de vida é unha boa ocasión para darmos a coñecer parte do valioso material bobliográfico que se conserva na nosa institución, presentando un catálogo alfabético dos libros e dos folletos existentes na Biblioteca da Academia que foron publicados entre os anos 1800 e 1936 e que conteñen textos escritos en galelo ou ben que tratan d...
    Dispoñible

    18,00 €

  • 8 ENSAIOS SOBRE ROSALIA
    VARIOS
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito  innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego, e por extensión, tamén da súa sociedade, grazas a Biblioteca 75 anos. O novo volume desta colección, recupera os 7 ensaios sobre Rosalía, p...
    Dispoñible

    23,00 €

  • CREAR PORVIR. 75 ANIVERSARIO EDITORIAL GALAXIA (PREMIO TRASALBA 2025)
    VARIOS
    No mesmo Vigo xa ten fortes raíces a Editorial máis dedicada ao pensamento galego, a Galaxia […] que ten espallado centos de libros de antigos e modernos temas nas súas variadas series de publicacións, sendo coñecida en todos os países cultos […]. ¿Non consoan estas e algunhas outras institucións, neste doce mes de San Xoán que se abre como froita gustosa, da crise terrible da ...
    Dispoñible

    22,50 €

  • NO LINDEIRO DO BOSQUE. A TRADUCION NOS PRIMEIROS ANOS DE GRIAL
    VARIOS
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos.O novo volume desta colección conmemorativa é No lindeiro do bosque, a ...
    Dispoñible

    21,50 €

  • DAR VOZ AO TEATRO GALEGO. O PREMIO CASTELAO DE TEATRO 1964-1967
    VARIOS
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos. O novo volume desta colección conmemorativa é Dar voz ao teatro galego...
    Dispoñible

    23,50 €

  • RECEITAS DE A VOLTAS CO PRATO, AS
    VARIOS
    Begoña, Estefanía, Merchi e Xulio forman un equipo sen igual!Reunidos ao redor dunha gran cociña, foi como xurdiu este libro que vos ofrecemos, cociñando e probando, algo espeluxados, como auténticos exploradores da gastronomía na procura do sabor definitivo.Este é o resultado dun amoroso cociñado en grupo, un belisco da nosa pequena gran vida sendo parte do programa da TVG A v...
    Dispoñible

    22,10 €