LIZ DE CEA, BEATRIZ
Don Paco. Letras para a arte galega achega o lector a descoñecida presenza de Francisco Fernández del Riego en relación á arte galega. Un percorrido polas experiencias que tivo coa plástica e cos artistas e as circunstancias que as rodearon.
Un relato que se apoia no rigor documental, que pon en valor, a través dunha linguaxe sinxela, o seu importante labor en defensa da arte galega e o legado artístico material que deixou á cidade de Vigo.