HISTORIA DE NÓS, UNHA

HISTORIA DE NÓS, UNHA

DIEGO DIOS, PABLO

19,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-1176-621-0
Páxinas:
80
Colección:
LANTERNA DE ARISTOTELES
19,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Que pasaría se a historia máis fascinante nunca antes contada estivese diante túa?
Que pasaría se che falase do primeiro reino de Europa, da primeira escritora de Occidente, dun meigo que acabou sendo bispo, de mosteiros agochados no bosque onde se custodiaban aneis máxicos, dun pobo en rebelión que derrubou fortalezas e inxustizas, dun tempo onde todo un reino cabía nun castelo e a liberdade penduraba da espada dos seus derradeiros guerreiros, dun imperio gobernado por unha raíña coroada despois de morta e dunha muller que cruzou o Pacífico ata ser a primeira almiranta da historia?
Todos estes relatos, por moi extraordinarios que che parezan, son reais. Todos aconteceron en Galicia. Homes e mulleres que cambiaron o destino da humanidade.
Isto é Unha historia de Nós.
Ilustracións Agustina Shuan

Artigos relacionados

  • MISTERIO DO CASTRO DE SANTA TREGA, O
    YÁÑEZ, ANTÍA
    Unhas vacacións máis, o misterio chama por Antón, Sabela, Iria, Carola e Venres, esta vez na Guarda. Seu pai ten que acudir a un congreso e toda a familia vai acompañalo, pero xusto o día da partida a avoa cae polas escaleiras e a nai queda para coidala no hospital. Ao chegar, descobren que nada é o que parece: quen fixo as reservas dos cuartos? Que é esa presenza estraña que s...
    Dispoñible

    16,00 €

  • MISTERIO DE PORTOMARÍN, O
    YÁÑEZ, ANTÍA
    Antón, Sabela, Iria e Carola son irmáns e, como tal, nunca están de acordo en nada. Súa nai decide levalos a Portomarín durante o verán e por vez primeira coinciden en algo: esas van ser as peores vacacións da súa vida.O que non saben é que alí encontrarán a Venres, un can que se converterá no quinto membro do grupo, e que atoparán algo moito máis inquietante. Que agochan as ru...
    Dispoñible

    16,00 €

  • MISTERIO DO TORQUE DE BURELA, O (LECTURA FACIL)
    YAÑEZ, ANTIA
    Os irmáns Antón, Carola, Sabela e Iria, co seu can Venres, investigan un misterio: o roubo do famoso Torque de Burela no Museo Provincial de Lugo. Os protagonistas terán problemas durante a súa investigación.Poderán resolvelos?Adaptación: Jesús Meiriño.Ilustracións: Agustina Shuan ...
    Dispoñible

    15,50 €

  • CONTOS DE FÚTBOL
    GARCÍA BARROS, MANUEL
    En 1924 saíu da pluma de Manuel García Barros o conto satírico “O fútbol en Malpocados”, premiado pola Sociedade Económica de Santiago, no certame literario celebrado polas festas do Apóstolo, posiblemente o primeiro escrito documentado sobre temática balompédica na literatura galega. Posteriormente escribiu “Crónica futbolística. Un partido en Pernafría” (publicados nos seus C...
    Dispoñible

    12,50 €

  • FOLERPAS NO MAR
    BLANCO, MARÍA XESÚS
    Zahi ten os ollos da cor do mar e vive coa súa nai, Shena, nun pequeno apartamento na cidade. E tamén co seu pai, Xoán, cando volve de pasar longas tempadas traballando no buque Sálvora. Gústalle ir á escola e xogar con Aldara e os seus amigos, pero tamén debe facerlle fronte a uns abusóns que o axexan nos seus soños.Esta fabulosa historia transcorre nuns días de vacacións en d...
    Dispoñible

    14,20 €

  • COCHO DE CARREIRAS RUDI FUCIÑOS, O (NA)
    TIMM, UWE
    A historia dun cocho que un día lle toca nunha tómbola a Zuppi, unha nena coa que Rudi coñecerá a súa verdadeira vocación. A familia de Zuppi está formada por un pai exiptólogo en paro, unha nai profesora e tres fillos. A entrada do pequeño cocho na familia vai provocar alegrías e disgustos, enfados e aventuras. De primeiras resulta moi difícil convencer a un caseiro de que se ...
    Dispoñible

    15,00 €