INDIANA

INDIANA

SAND, GEORGE

23,40 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-417-9
Páxinas:
344
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA UNIVERSAL
23,40 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Indiana (París, 1832) é a primeira novela que Amantine Aurore Dupin escribe baixo o pseudónimo de George Sand, onde denuncia as condicións de vida das mulleres casadas en Francia ao longo da primeira metade do século XIX.
A autora crea, con audacia, a personaxe de Indiana, unha fermosa rapaza crioula, arredada dos estereotipos, e, a través da súa historia, aborda temas tabú e inmorais naquel intre, coma o adulterio e o desexo feminino.
Á parte de cuestionar o modelo do matrimonio convencional e explorar os temas do amor, a liberdade e a emancipación feminina, George Sand ofrece un estudo da sociedade e os costumes da súa época, ademais de retratar o contexto histórico e político da convulsa Francia do momento, que combina cunha intriga sentimental. O seu estilo recorre a unha linguaxe poética na descrición das paisaxes e as emocións, ademais de dotar os personaxes de gran profundidade psicolóxica.

Artículos relacionados

  • SEMPRE EN GALIZA. ESCOLMA POSIBLE
    CASTELAO
    O volume que aquí se presenta é un eco da Escolma posible realizada por Marino Dónega e publicada por Galaxia en 1964, ano en que a RAG dedicou o Día das Letras Galegas a Castelao, mais a que agora se publica incide no pensamento político do rianxeiro, que na primeira aparecía de xeito minguado e parcial, non seguindo o criterio do antólogo nin da editorial, debido ás limitació...
    Dispoñible

    22,00 €

  • SEMPRE EN GALIZA (BC)
    CASTELAO
    2025 ano Castelao.O libro é o símbolo da cultura. Tamén da identidade nacional. Sempre en Galiza é o libro que mellor representa o país e a cultura galega, os nosos anceios como nación. A nosa esencia, a nosa historia, unha maneira de situarse a carón das outras culturas, en igualdade co resto dos pobos. Publicado por primeira vez no exilio (1944), Castelao puxo neste texto tod...
    Dispoñible

    24,35 €

  • ENREDOS
    GARCIA BARROS, MANUEL
    Configura Enredos un conxunto de relatos dispersos que Manuel Garcia Barros recolleu ao longo do tempo ata conformar este volume, onde están presentes os trazos que definen a súa obra literaria: humor e retranca, progresismo ideolóxico e amor á terra, á lingua galega e ás xentes que a falan, e que en 1964 recibiu o premio “Os novos de Galicia”, no concurso Nieto Pena, promovido...
    Dispoñible

    16,00 €

  • DOS MEUS RECORDOS
    GARCIA BARROS, MANUEL
    Dos meus recordos é unha miscelanea autobiográfica onde Mnuel García Barros conta, con humor, retranca, amenidade e, ás veces, certa amargura, “casos” e “cousas” que deixaron fonda pegada na súa memoria, desde o servizo militar en Vigo a finais do século XIX, ata a década de 1960, na súa Pousada de Callobre.Uns “apuntamentos” que fan repaso da súa azarosa vida, desde a suxeitiv...
    Dispoñible

    17,90 €

  • CLAUDINE NA ESCOLA
    COLETTE
    Publicada en 1900, Claudine na escola, primeira novela de Colette, narra, en forma de diario, as aventuras da adolescente Claudine na súa vila natal, entre paseos polo bosque, amores platónicos, pelexas e sucesos escolares, que a converteron nunha obra que escandalizou no seu momento polos temas que trataba: amores sáficos, homes viciosos e raparigas desvergonzadas.Unha novela ...
    Dispoñible

    21,50 €

  • DIARIO DO ANO DA PESTE
    DEFOE, DANIEL
    É Daniel Defoe un dos maiores inventores da lingua inglesas, dicía o tamén escritor Anthony Burgess, e así o demostra neste estarrecedor relato novelado do andazo de peste que asolou Londres e a súa contorna entre 1664 e 1666, e ao que, sendo un neno de cinco anos, sobreviviu.Percorren as conmovedoras páxinas deste libro exemplos de humanidade e solidariedade daqueles que se sa...
    Dispoñible

    21,90 €