NEIRA VILAS, XOSE
O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libro máis lido e o máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928), recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...] Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morren os paxaros". Velaquí unha das obras que fundan a narraativa galega contemporánea.
Con esta edición especial conmemoramos os cincuenta anos da súa aparición.