COSTAS, XOSE DANIEL
Ergue o telón no gran teatro de Weimar e cara á boca do escenario avanza un xigante cos brazos en alto e as mans en puño, novo Prometeo, a reclamar máis luz. Ou soa mínima unha danza nupcial entre unha orxía de cuspe, suor e sangue. Ou entra pola dereita un anano disfrazado de tormenta ofrecendo ao público entre poutas de aceiro un monllo de pergamiños onde podemos ler -en cada pergamiño unha letra inmensa- a Declaración Universal da Rendición de Todo Ser Humano.