QUEN NON TEN UN AVO FASCISTA?

QUEN NON TEN UN AVO FASCISTA?

LOPEZ SILVA, INMA

24,30 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-9151-941-6
Páxinas:
254
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
MEMORIA HISTORICA
24,30 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron ser heroes, a dos oportunistas de supervivencia. Ese é o argumento que propón Inma López Silva neste libro que oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico a partir da vida do seu avó paterno, alcalde franquista dun pequeno concello rural. A través del, cóntasenos unha historia que se centra nos perdedores e foxe do aspecto heroico que tan a miúdo constrúe a nosa lectura da guerra e a ditadura, retirando o foco daqueloutra maioría que, simplemente, sobrevivía como podía. A vida da familia retratada en Quen non ten un avó fascista? conta dun xeito orixinal a historia política da Galicia da segunda metade do século XX, dando unha explicación aos silencios, temores e vergoñas que, así, se converten en motivo literario de categoría.
López Silva proponnos nesta súa obra máis persoal un relato emocionado co que persegue volver os feitos históricos á realidade diaria das persoas que os protagonizaron sen sabelo, para expresar así a dor real dos dilemas éticos e a necesidade certa de seguir vivindo malia a guerra, a ditadura e a represión. Estamos, por iso, diante dunha deliciosa alegación antifascista escrita desde as tripas do propio fascismo e construído para proxectarse sobre o presente a modo de reflexión, ou quizais aviso.

Artigos relacionados

  • ROTSPANIER. UN MILICIANO GALEGO NO EXILIO FRANCES 1939-1945
    GALAN, JUAN
    Juan Galán recolle en Rotspanier a peripecia vital de Joaquín Fernández Millán, mariñeiro de profesión da Pobra do Caramiñal, emigrado ao País Vasco na década de 1920, que loitou como miliciano no Exército de Euskadi. Como tantos outros españois, a inicios de febreiro de 1939 cruzou os Pireneos para exiliarse en Francia, onde sería internado en campos de concentración durante a...
    Dispoñible

    24,00 €

  • FONTENLA LEAL. A GALICIA PENSADA
    LOPEZ FERNANDEZ, JAIME / GOMEZ ECHEMENDIA, SIXTO
    Un émulo pacífico de Breogán, a alma de Galicia en Cuba, José Fontenla Leal (Ferrol, 1864 - A Habana, 1919), home autodidacta, feito a si mesmo, con poucos estudos, mais cunha intelixencia innata que lle permitía convencer e aglutinar, tiña unha idea clara e unha vontade de ferro que converteu o amor á súa terra en feitos duradeiros. Bandeira, Himno, Academia… débense, en boa m...
    Dispoñible

    24,00 €

  • POLO AVIEIRO DE DONA EMILIA
    MEIXOME, CARLOS
    Avieiro, hidrotopónimo nacido da farturenta creatividade de Emilia Pardo Bazán, fundindo de Avia e Arenteiro, sérvelle ao autor para imaxinar o seu propio e difuso territorio, co Carballiño no centro, para percorrelo da man da que denomina “triloxía pardobazaniana do Avieiro” (El cisne de Vilamorta, Los pazos de Ulloa e La madre naturaleza) e ofrecernos unha manchea de memorias...
    Dispoñible

    32,50 €

  • LIBROS CENSURADOS POR FRANCO, OS
    DASILVA, XOSE MANUEL
    Xosé Manuel Dasilva, investigador de contrastada traxectoria no estudo da censura editorial durante a ditadura, recompila en Os libros censurados por Franco un amplo mostrario de expedientes dos censores de obras orixinais en galego e de traducións para o galego, que permite compoñer o retrato fidedigno da actuación represiva do réxime franquista, de par que nos ofrece os avata...
    Dispoñible

    25,10 €

  • ASOCIACIONISMO GALEGO EN AMERICA
    LOUREIRO RODRIGUEZ, CARLOS
    Carlos Loureiro Rodríguez achéganos, tras un inxente traballo de documentación (completado con material accesible a través da web de Editorial Galaxia), a historia da sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba, fundada na Habana en 1915, que hoxe segue puxante e cun pé en cada beira do Atlántico. A importancia da emigración estradense no asociacionismo da illa carib...
    Dispoñible

    22,40 €

  • DITADURA PORTUGUESA CONTRA CASTELAO, A
    IGLESIAS MIRA, ANTONIO
    En 1969 estoura a Crise Académica en Coímbra, que enfronta a estudantes coa ditadura. Meses antes, o director catalán, Ricard Salvat, chegara á cidade universitaria coa tarefa de dirixir o grupo de teatro CITAC.Comezou entón un traballo que mesturaría as teorías de Bertolt Brecht coa figura de Castelao e a arte de Seoane e Díaz Pardo, nun ambiente tenso, onde a ditadura acabarí...
    Dispoñible

    23,40 €

Outros libros do autor

  • ESCOLA DE MULLERES
    LOPEZ SILVA, INMA
    Escola de mulleres é unha novela sobre unha fuxida. A súa protagonista foxe da dor, da perda, dunha realidade incerta, da gaiola de ouro que os homes queren construír para pechala e admirala, da opresiva camisa de forza das convencións sociais. E para acadalo emprega a ironía e o seu propio corpo como armas, como camiño cara a unha redención que sospeita imposible. E así a súa ...
    Dispoñible

    23,40 €

  • MATERNOSOFIA O EL EMBARAZO DA LA ESCRITORA PRIMIPARA
    LOPEZ SILVA, INMA
    Este es el diario de una escritora primípara. Realista, lúcido, reflexivo, bastante desmitificador. Escrito con un lenguaje coloquial, como si la autora dialodase permanentemente con quien lee. El texto fluye ameno, ingenioso, burlón. Nueve meses de sensaciones, impresiones y cambios: gozar y sufrir como en una novela con final feliz. ¿O es un comienzo? En cualquier caso, una d...
    Dispoñible

    17,90 €

  • MATERNOSOFIA
    LOPEZ SILVA, INMA
    ¿Hai equivalencia entre escribir e parir? Neste diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade non se pretende dilucidar ese misterio nin ningún outro. Tampouco o da vida, nin moito menos o da escritura. ...
    Dispoñible

    17,90 €

  • MEMORIA DE CIDADES SEN LUZ (PREMIO BLANCO AMOR 2007)
    LOPEZ SILVA, INMA
    Arredor de guerras e exilios, técense as vidas contadas en Memoria de cidades sen luz, a novela coa que Inma López Silva (Santiago de Compostela, 1978) obtivo o Premio Blanco Amor de 2007. ...
    Dispoñible

    24,00 €

  • LIBRO DA FILLA, O (P.ASOC.CRIT.LITER.A MELLOR NOVELA GA.2020
    LOPEZ SILVA, INMA
    Dispoñible

    23,90 €

  • CHAMAME SEÑORA, PERO TRATAME COMA A UN SEÑOR
    LOPEZ SILVA, INMA
    Dispoñible

    20,25 €