SEMENTE CAIA EN TERRA PROPICIA, A. CARTAS AO MEU BENQUERIDO IRMAN XAIME

SEMENTE CAIA EN TERRA PROPICIA, A. CARTAS AO MEU BENQUERIDO IRMAN XAIME

ISLA COUTO, RAMIRO

22,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
FUNDACION ISLA COUTO
Ano de edición:
2023
ISBN:
978-84-09-46094-6
Páxinas:
214
Colección:
VARIOS
22,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Ramiro era un bo estudante pero, ao emigrar moi novo, tivo que aforcar uns estudos brillantes de bacharelato. Tiña unha vocación intelectual grande e proxectou sobre min todo o que el tivese degoirado ser. on nove anos, escribinlle ao meu irmán a miña primerica carta (en castelán) e el respondeume en galelo, dándome azos para que empregase a nosa lingua na correspondencia entre os dous, que el me corrixía os erros que metera. E mandoume corrixida a primeira carta en galego que lle escribín. Así, desta forma sinxela e anecdótica deu comezo unha pedagoxía epistolar que marcou a miña vida como ningunha outra educación puidera facelo. Estas cartas de Ramiro en que me falaba de todo, son o mellor tesouro que teño na miña visa! Cantas cousas fermosas e emotivas podería eu dicir arredor disto!Porque esta correspondencia foi a miña escola e a mellor universidade a distancia que tiven navisa. As súas cartas representaron para min a máis verdadeira e entrañable aprendizaxe intelectual, unha formación excelente que recolle os valores auténticos do autodidactismo.
Xaime Isla Couto. "O meu irmán Ramiro"

Artigos relacionados

  • CAMOES EN GALICIA
    DASILVA, XOSE MANUEL
    Este libro constitúe unha homenaxe a Camões, probablemente o autor internacional de maior presenza nas nosas letras ao longo do tempo, con motivo das celebracións do V centenario do seu nacemento. Xosé Manuel Dasilva, camonista e camonólogo de recoñecida traxectoria, ofrece en Camões en Galicia varios estudos que afondan nas pegadas galegas do grande escritor portugués, como re...
    Dispoñible

    23,90 €

  • BEGOÑA CAAMAÑO. XORNALISMO PARA A CIDADANIA. DE VIGO A COMPOSTELA
    PORTEIRO, MARIA XOSE
    Begoña Caamaño foi unha periodista comprometida co xornalismo independente e veraz, militante e social, especializada en información laboral, internacional, política social e cultural. Firme defensora dos dereitos das mulleres e da igualdade de xénero, participou activamente no movemento feminista.María Xosé Porteiro, desde a súa perspectiva de compañeira de profesión e amiga, ...
    Dispoñible

    25,70 €

  • VOLVEREDES BRINDAR POR MIN. UNHA BIOGRAFIA DE BEGOÑA CAAMAÑO
    ROMANI, ANA / NOGUEIRA, MARIA XESUS
    A partir de arquivos persoais, conversas e lembranzas compartidas, álbums íntimos, rastros documentais dispersos, apuntamentos e pegadas en soportes singulares, Ana Romaní e María Xesús Nogueira ofrécennos “unha” biografía de Begoña Caamaño, para chegar a unha obra, a unha peripecia vital, que fala da xornalista que foi, das preocupacións que sedimentaron o seu traballo e a súa...
    Dispoñible

    15,40 €

  • MIÑA AMIZADE CON CASTELAO E OUTROS ESCRITOS, A
    OTERO PEDRAYO, RAMON
    Estas páxinas, en edición de Patricia Arias Chachero, pretenden contextualizar a sólida amizade que uniu a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a Ramón Otero Pedrayo a través dunha recompilación de escritos dispersos, onde o señor de Trasalba deixa ver a súa fonda admiración polo escritor, artista e político de Rianxo, que serve para enlazar o Ano Castelao 2025 co Ano Oteriano 2...
    Dispoñible

    22,50 €

  • ARREDOR DO XACOBEO. DISCURSO DAS ACADEMICAS E ACADEMICOS NUMERARIOS DA ACADEMIA XACOBEA 2016-2024
    VARIOS
    A Academia Xacobea nace no ano 2017 incorporando académicos e académicas de distintas universidades de Galicia, do resto de España e de Europa. Promovemos a súa creación oito persoas coñecedoras do Camiño de Santiago e da súa importancia histórica na construción europea, conscientes da necesidade de contar cunha institución independente, de dereito público e sen ánimo de lucro,...
    Dispoñible

    32,80 €

  • CREAR PORVIR. 75 ANIVERSARIO EDITORIAL GALAXIA (PREMIO TRASALBA 2025)
    VARIOS
    No mesmo Vigo xa ten fortes raíces a Editorial máis dedicada ao pensamento galego, a Galaxia […] que ten espallado centos de libros de antigos e modernos temas nas súas variadas series de publicacións, sendo coñecida en todos os países cultos […]. ¿Non consoan estas e algunhas outras institucións, neste doce mes de San Xoán que se abre como froita gustosa, da crise terrible da ...
    Dispoñible

    22,50 €