TORRES ABOLIDAS, AS

TORRES ABOLIDAS, AS

MIRANDA RUIZ, XOSE

19,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
CENTRO PEN DE ESCRITORES DE GALICIA
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-09-79289-4
Páxinas:
74
Colección:
ARTE DE TROBAR (POESIA)
19,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Queren lembrar estes versos os pasos de Villón na neve de París, as mandas de uros e bisontes, os amores de Flores e Brancafrol, as tristes señoras dun tempo pasado, as cervas que volven as augas dos montes, as tres irmás mouras que son só unha e sempre a mesma e sempre outra, o fardo do tardo, a serea da verga e a serea da furna, o couso e a arca de Caronte, a man impasible que peta na porta, os camiños borrados, os barcos mortos, a barca de xoguete naufragada na charca, os riscos das rapazas que noutrora subían pola rúa, a néboa ollada desde o cume, as pantasmas do que nunca foi, a cidade mergullada en cada un de nós, o inconsolable príncipe que busca a súa remota infancia nunca recobrada, os bíteres deitados polo mar, a choiva pertinaz que cae sempre no pasado, a delicada melancolía das estralas mortas, a soidade primeira, a largacía luz dos faros, os ollos amados, as aves que cantou Fernando Esquío, as xoaniñas que nos contaron os dedos e as torres demolidas polas horas incesantes.

Artigos relacionados

  • CORPO DE ANTIOCHIA
    ANDRES, TAMARA
    É unha forma de viaxe a través do tempo, das cronoloxías e das maneiras de mirar dunha poeta que quere, nun verso, atrapar os mundo, físicos ou simbólicos, que a circundan. Tamara Andrés demostra, aquí, que é xa moito máis ca unha poeta nova. É unha voz poderosa de seu. ...
    Dispoñible

    13,60 €

  • CELAXE
    FONTEBOA, ALICIA
    Celaxe é neboeiro mais tamén esperanza, anuncio, fulgor.En Celaxe esfiáñanse ceos, corpos, mapas. Celaxe propón un rexistro de voces líquidas, de linguas-paxaro, de silencio pedernal. Celaxe é, sobre todo, un corazón en xerundio. ...
    Dispoñible

    17,00 €

  • UN INTRE NO TEMPO. POESIA REUNIDA 1967-2017
    FRANCO GRANDE, X.L.
    X. L. Franco Grande adoita incluírse na chamada xeración das Festas Minervais, cuxos trazos distintivos, ademais de nacer entre 1930 e 1940, son estudar na Universidade compostelá, implicarse no galeguismo baixo o liderado de Ramón Piñeiro e apoiar o proxecto cultural de Galaxia. Nesta Poesía reunida inclúense os seus catro poemarios: Entre o si e o non (1967), O tempo á esprei...
    Dispoñible

    22,90 €

  • BOSQUE (PREMIO VICTORIANO TAIBO 2024)
    BLANCO CASAS, ANTON
    En Bosque, o poema revela un mundo se cadra anterior, mais tamén atemporal. Sinala os movementos e as articulacións do que é natural; e reclámaas para si coma linguaxe.A través de recursos como a polifonía e a partición, o espazo ou o poema, sóñase concéntrico, circula: ábrese. ...
    Dispoñible

    12,20 €

  • POETAS DA COLECCION SALNES, AS
    VARIAS
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Esta colección conmemorativa ábrese co presente volume: As poetas da colección Saln...
    Dispoñible

    19,00 €

  • TENRO E O SALVAXE, O
    L.PARIS, SAMUEL
    Que material queda dentro e fóra das nosas vidas? Como se escolle? E, máis importante: que construímos con el? Da tona ao óso, O tenro é o salvaxe cuestiona desde o social ao persoal nunha proposta chea de lirismo, ironía e humor. ...
    Dispoñible

    18,00 €