VAICHE BOA! (V)

VAICHE BOA! (V)

JENNINGS, PAUL

14,80 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-8288-717-3
Páxinas:
180
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
ARBORE
14,80 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Unha barra de labios que volve tolas as rapazas. Uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon. O esterco dun xardiñeiro afeccionado que produce unha praga de moscas. Unha cola milagrosa que, despois de catro horas, deixa de funcionar. Un esqulete no retrete e osos que camiñan pola praia... Vaiche boa!
Historias alucinantes que hai que gozar e ler con cautela porque... coidado!, crean adicción á lectura.
Este libro, que no 2004 volve a aparecer no prelo de Galaxia, xa ten demostrado que sabe facer lectores, e que os lectores gozan cos relatos que contén ata o punto de pediren máis. Os medos da infancia, todos os interrogantes que caben na cabeza dun rapaz, as teimas do adultos, as pequenas incapacidades, os primeiros fracasos configuran, neste volume, un conxunto ben aderezado co humorismo e a axilidade narrativa que son característicos na obra do autor, o inglés afincado en Australia, Paul Jennings.
O volume conta coas magníficas ilustracións de Kiko da Silva, que nos agasalla nesta edición cunha soberbia ilustración de cuberta realizada en técnica tridimensional.

Artigos relacionados

  • CONTRA O RELOXO
    LABRAÑA, CARLOS
    Que misterio agocha a vella eloxaría? Nesta divertidísima obra de Carlos Labraña ninguén é quen parece. Pon o cronómetro a cero e non te despistes se queres descubrilo, porque o tempo voa cando se pasa ben! ...
    Dispoñible

    13,15 €

  • CEREBRO EN MODO ON
    VILLAPOL SALGADO, SONIA
    O que ninguén che contou sobre o cerebro: as emocións, a aprendizaxe, a memoria, os soños ou a saúde mental. Como coidar o cerebro e como fortalecelo.Un libro que pretende explicar o cerebro para a cativada; é iso posible? PODEN nenos e adolescentes entender a segreda andamiaxe onde nace a mente? Por suposto que si!Sonia Villapol constrúe unha obra que combina rigor científico ...
    Dispoñible

    21,00 €

  • MISTERIO DO TORQUE DE BURELA, O (LECTURA FACIL)
    YAÑEZ, ANTIA
    Os irmáns Antón, Carola, Sabela e Iria, co seu can Venres, investigan un misterio: o roubo do famoso Torque de Burela no Museo Provincial de Lugo. Os protagonistas terán problemas durante a súa investigación.Poderán resolvelos?Adaptación: Jesús Meiriño.Ilustracións: Agustina Shuan ...
    Dispoñible

    15,50 €

  • PEL DO MUNDO, A
    DAVILA, BERTA
    Atención!Este libro é unha viaxe. Desabrochen o cinto que imos comezar: para ler poesía hai que ser o máis libre posible. Prepárense para coñecer persoas, sabores, nomes, linguas, costumes, palabras e formas de vida diferentes á súa. Non permanezan nos seus asentos, para cambiar o mundo, cómpre non estarmos quietos. ...
    Dispoñible

    11,20 €

  • NENO INVERNO, O
    CANOSA BLANCO, MARIA
    Un neno espeñcial. Un lobo doente. A comunicación entre dous corazóns magoados. Un libro fermosísimo. ...
    Dispoñible

    14,20 €

  • TEÑO UN VOLCÁN DENTRO (V PREMIO CARLOS MOSTEIRO 2022)
    CANOSA, MARÍA
    V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, 2022Miguel observa o mundo con ollos comúns, pero ten unha mirada diferente. A súa cabeza procesa as cores, os números e a música dun xeito especial. Quen o rodea é consciente do extraordinario do seu interior.Miguel sente que baixo o peito algo estoupa.Ten un volcán dentro. ...
    Dispoñible

    15,50 €

Outros libros do autor