Novidades

ÁLBUM DE GARRINCHA, O
MACEDA ABELEIRA, BEATRIZ
Garrincha foi un futbolista brasileiro medio coxo, ou coxo completo, coa columna vertebral como unha interrogación. Ninguén pensou nunca que chegaría gañar o Mundial e ser un dos mellores futbolistas de todos os tempos. A historia de Garrincha é a que ten sempre en mente o protagonista desda novela que, a través do fútbol, vai conseguir entender o mundo, ás veces hostil, que o ...
Dispoñible

14,80 €

APAPACHOA. O CAMIÑO DE SANTIAGO COMO EXPERIENCIA CIMA (III PREMIO DE ENSAIO CAMIÑO DE SANTIAGO 2025)
GARCÍA JIMÉNEZ, ENRIQUE
A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...
Dispoñible

17,50 €

CARÓN DO LUME, A
PREGO, MÓNICA
A carón do lume ofrece un monllo de receitas galegas, humildes e tradicionais, que pretende espertar un recordo, transmitir o sentir e a historia que vai de par de cada unha delas. Esas receitas que as avoas facían a carón da lareira, o centro das casas.Este é un regalo de Mónica Prego (Pandebroa.es) para fillos e netos, para que no futuro poidan coñecer e entender algo máis da...
Dispoñible

22,15 €

DA SOIA AO GRELO (COCIÑA GALEGO-CHINESA)
LEÓN FONG, BETTY
Betty León Fong achéganos en Da soia ao grelo a cultura da gastronómica chinesa desde dentro, desde a cociña caseira cantonesa real e familiar que se transmitiu de xeración en xeración durante milenios, casándoa cos produtos que Galicia nos ofrece, establecendo un diálogo entre culturas distantes. ...
Dispoñible

22,50 €

MORGANA EN ESMELLE
CAAMAÑO, BEGOÑA
LETRAS GALEGAS 2026PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012PREMIO AO MELLOR LIBRO DE FICCIÓN PARA A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES 2012PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ 2012PREMIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artú...
Dispoñible

19,50 €

MISTERIO DO TORQUE DE BURELA, O
YÁÑEZ, ANTÍA
Tras pasar o verán en Portomarín e resolver o seu misterio, Antón, Sabela, Iria, Carola e o can Venres inician unha nova aventura. No transcurso dunha viaxe fan unha parada técnica en Lugo e son testemuñas directas do roubo do torque de Burela no Museo Provincial. A vila mariñá é o seu destino para as vacacións de Nadal, así que aproveitarán para investigar o sucedido con dúas ...
Dispoñible

16,00 €

DOS AFECTOS, O RÍO (PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2026)
RUVIRA, SOFÍA
Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus.Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se enfrontou ao poder e que chegou a converterse nun símbolo para a veciñanza. Pero investi...
Dispoñible

18,80 €