Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA S.A. / Colección : COSTA OESTE

151 resultados

  • CONTAS DE BUXO
    FERNANDEZ FERNANDEZ, RAQUEL
    Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un león que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos. Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último verán q...
    Dispoñible

    15,10 €

  • LUZ. A HISTORIA NON CONTADA DE JESSE OWENS E LUZ LONG
    CASTRO, FRANCISCO
    Nas Olimpíadas de Berlín de 1936, un atleta negro asombrou o mundo. Jesse Owens gañou catro medallas e avergoñou o nazismo, que o consideraba inferior pola súa cor de pel, dando unha lección deportiva; pero nada do seu éxito sería posible sen un atleta alemán que xogou a vida por axudalo.Este libro conta a historia real de Luz Long, represaliado por Hitler por axudar a un compe...
    Dispoñible

    14,50 €

  • FORA DE CAMPO (PREMIO VIDAL BOLAÑO 2024)
    FERNANDEZ RIAL, ROSALIA
    PREMIO ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2024Nere, @nerenao para as escasas seguidoras de Instagram, é unha moza dilixente e vivaz que adora as súas amigas e se leva ben coas compañeiras do equipo de vólei. É unha adolescente máis, unha estudante máis dun instituto máis, coma calquera outra.Pero todo cambia cando Gladius, o influencer máis admirado pola comunidade, repara nela. En canto lle...
    Dispoñible

    10,50 €

  • SOMBRA DO GRAFFITI, A
    BABARRO FERNANDEZ, BRAIS
    Unha vila dos Estados Unidos vese arrasada por un tornado. Todos puideron escapar agás Bego, unha estudante galega de bacharelato que está de intercambio, quen, ademais de facer fronte á destrución, atopa o cadáver dun rapaz que leva ao pescozo o pano que ela trouxera desde Muros, coas sinaturas de amigos e familia.Soa, sen saber como o finado se fixo con el, e co medo de poder...
    Dispoñible

    14,90 €

  • EN TERRA ALLEA
    CARBALLUDE, PEPE
    En terra allea aborda o tema da migración e os dramas colaterais: explotación laboral, dificultades coa vivenda, problemas de convivencia, enganos, abusos…, mais tamén aparece xente boa que tenta poñerse na delicada situación do outro. As relacións humanas, as friccións e os consensos, a imposición e a tolerancia, as penas e os momentos felices, pesan moito no decorrer da trama...
    Dispoñible

    15,20 €

  • BOCA DO MONTE,A
    DIAZ NUÑEZ, CELIA
    Hai xestas que parecen imposibles de facer. Pero fanse.E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. Nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. Sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ...
    Dispoñible

    15,10 €

  • PODER NON E QUERER
    RIVAS CANTELAR, NOELA
    Mariña esperta aos seus 17 anos nun hospital e non lembra nada do que pasou na tola festa do Samaín da noite anterior. A través das interesadas confesións dos amigos do instituto e dos familiares que a visitan, vai apañando os anacos do que aconteceu e da espiral autodestrutiva en que estivo inmersa nos últimos meses: un remuíño de desexos reprimidos, adiccións, descubertas sex...
    Dispoñible

    16,85 €

  • IRIDIUM
    CASTRO, FRANCISCO
    Incluída no Catálogo do Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais de Oslo 2020Iridium é unha historia de amor. Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas. Ou é unha historia sobre a amizade máis aló das dificultades. Ou é unha historia sobre unha raíña do Instagram e un malote moi malo.Esta novela conta a historia de Iris, unha rapaza que cursa ...
    Dispoñible

    12,95 €

  • PURPURA TERO
    CORTIZO CONDE, DAVID
    Ausela pérdese na gran chaira deserta que cobre case totalmente Púrpura Tero, e busca acubillo nunha cova. onde agarda a que a súa cuadrilla a atope, mentres non dexia de pensar no boxecto que viu caer desde o espazo.No seu planeta abrolla unha planta con propiedade especiais moi cobizada por toda a galaxia. Se desen con ela, podería significar a fin da vida dos chairegos tal e...
    Dispoñible

    13,90 €

  • ERA DE LAZARO, A (NCO)
    CARBALLEIRA, PAULA
    Coidado con mesturar a vida e a morte.Os mortos non deben volver. Se regresasen, provocarían o caos, a aparición dunha nova era. Velaquí a era de Lázaro, que é a era dos resucitados, onde os mortos camiñan entre os vivos, confunden o tempo, o espazo, trastocan a rutina do coián. Para que todo volva á orde inicial xorde unha entidade, A Empresa, encargada de que ninguén regrese ...
    Dispoñible

    12,50 €

  • ENIGMA DE SANTIAGO, O (PREMIO RAIÑA LUPA 2020)
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2020Coincidindo cunha das moitas viaxes de seu pai, Samuel Ron entra en contacto con Sara Santiso, unha estudante de xornalismo que está a investigar un enigma vencellado coa historia de Compostela. Algo que puxo en perigo a vida de Xoán, un amigo de Sara, quen, tras afondar en documentos descoñecidos, descubriu a existencia du...
    Dispoñible

    15,50 €

  • NUNCA MASCOTAS
    CARBALLEIRA, PAULA
    Hai poucos títulos máis claros para contar o que hai dentro dun libro. Nunca mascotas.Animais, nunca mascotas. Seres de seu, nunca mascotas. Vida, non cousas. Animais que son máis persoas que as persoas, que poden ser moi animais. E unha ollada, a da poeta Paula Carballeira, que quere contar, dende a beleza, dende a reflexión, á mocidade, que pensa ela sobre esta vida animal da...
    Dispoñible

    10,50 €

  • DERRADEIRA BALA, A (I C.T.TEATRAIS-PREMIO R.V.BOLAÑO)
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    I CERTAME DE TEXTOS TEATRAIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2018Luciano é descuberto intentando desertar da guerra e, despois de ser xulgado polos seus superiores, é condenado a morte. Á mañá seguinte, será fusilado coa última bala que garda o pelotón. Mais o amor pola música de Luciano e as súas ansias de liberdade farán que a cousa se complique un chisco polo camiño. Botando man da tra...
    Dispoñible

    12,60 €

  • IDENTIDADE. A NORMALIDADE DO NON-COMUN
    BARROS FERNANDEZ, NEE
    Unha obra de teatro que fala da liberdade, da necesidade de ser e, sobre todo, da identidade. O simple acto de ancer marca a nosa vida nun malde que a sociedade se encarga de contornar e puír. Mais, que pasa se nacemos nun molde "equivocado"?Zé, o noso protagonista, vive unha historia chea de valentía. loitando a contracorrente por construír a súa propia identidade. Coa complic...
    Dispoñible

    12,75 €

  • CASTELOS DE CRISTAL
    FERREIRO GARCIA, SANDRA
    Noutrora erixíanse brillantes castelos de cristal máis aló do ceo. Agochaban todo tipo de historias e segredos: os contos que a noite recitaba, as lembranzas dalgunha serea, o po das estrelas fugaces... mesmo o cantar das ondas. Mais os castelos de cristal estaban destinados a romper e a caer. Deles xa só quedan fragmentos esparexidos polo mundo e polo tempo, á espera dalgún ca...
    Dispoñible

    15,10 €

  • ATRANCO NO BANCO
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zouóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala. Un dúo de ladróns sen vocacións, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto...
    Dispoñible

    12,95 €

  • ACHADO DO CASTRO, O
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    A pesar da súa brevidade é unha obra moi grande. Os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura e...
    Dispoñible

    12,60 €

  • MEIGAS
    FOLGAR BREA, ESTEBAN
    Esta é unha novela sobre meigas, pero non son como ti cres. As desta novela non rouban nenos, non invocan diaños, non botan mal de ollo nin lle fan mal á xente… que non o merece. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp, vixían que ninguén salte unhas normas determinadas e axudan a quen o pida, pero tamén discuten e se enfadan unhas veces, e bailan e van x...
    Dispoñible

    15,10 €

  • OUTEIRO DO AMIEIRO, O
    LERTXUNDI, ANJEL
    O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas. E non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou coma min. Non é nin sequera un rato ou un golfiño. Trátase dun amieiro, unha simple árbore. E unha árbore teno moi complicado para ir polo ...
    Dispoñible

    15,10 €

  • REO (PREMIO RAIÑA LUPA 2013)
    FRAGA SANCHEZ, XESUS
    Premio Fervanzas Literarias 2014 ao Mellor Libro de Literatura XuvenilEsta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera.Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor. O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na cabeza. Ata que un día un misterioso ...
    Dispoñible

    15,10 €

  • LISTA DAS COUSAS IMPOSIBLES, A
    GONZALVO, LAURA
    Premio Carlemany 2021Di Clara que cando Guim a deixou, só pouco antes do seu aniversario dos dezaoito anos, fíxoo porque tiña ganas de “facer cousas”. De vivir a vida. Que non sabía, que non podía saber, que só seis meses despois un accidente de moto o ía deixar en cadeira de rodas e que sería ela quen viviría a vida que el imaxinara. Di que a de Guim terminou sendo unha vida t...
    Dispoñible

    17,85 €

  • CEMITERIO DE BARCOS, O
    CASTRO, FRANCISCO
    O cemiterio de barcos é unha historia luminosa de amor e amizade contra a violencia en todas as súas expresións. Unha novela de iniciación, aventuras e misterio que atrapará a lectores de todas as ideas.David lembra moi ben canto gozaba das vacacións de verán na vila natal do seu pai, cando era neno. Agora ten dezaseis anos e todo é distinto: foi un curso difícil no instituto e...
    Dispoñible

    17,90 €

  • AMOR POR CATRO. CATRO AMORES PRIMEIROS
    VILLAR JANEIRO, HELENA
    Amor por catro está formado por historias de amores primeiros, eses que deixan a máis grande pegada no corazón. Os que non se esquecen. Amores que nos acompañarán na memoria para o resto das nosas vidas.Nestes relatos atoparemos historias e vidas de xente nova que experimenta o amor, ás veces dende o conflito, mais sempre dende un forte desexo. A autora ocúpase de moitos dos pe...
    Dispoñible

    14,50 €

  • NENOS DA VARIOLA, OS
    SOLAR, MARIA
    Sen dúbida, estamos diante da novela máis ambiciosa e lograda de María SolarDesta volta achégase a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpor, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, c...
    Dispoñible

    15,50 €

  • MURUROA
    MARTIN, MIGUEL
    Mururoa é unha novela que afonda no comportamento humano, tanto a nivel individual como colectivo, diante de noticias que nos afectan no máis profundo do noso ser coma se fosen a explosión dunha bomba atómica.Unha rapaza, Iria, desaparece sen rastro ningún, pero deixa un profundo desacougo na súa familia que, de súpeto, aprende que significa a palabra “amor” logo dunha vida en ...
    Dispoñible

    17,00 €

  • LUME (V CERTAME DE TEXTOS TEATRAIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2022)
    BAÑOS DE COS, J.L.
    Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade, toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime. Cal é a causa pola que isto sucede? A verdadeira protagonista de Lume é a violencia, cada vez máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas e, en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. Contada de xeito n...
    Dispoñible

    10,50 €

  • MISS ANTROPIA
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    Noe está anoxada co mundo. Non encaixa. Todo se esboroou tras a morte do pai e séntese atrapada e sen horizontes. Odia a súa nai. Odia canto a rodea. A súa furia interior acaba envorcándose na creación dun perfil falso nas redes sociais: “Miss Antropía”, no que inventa a vida dunha rapaza que está morrendo de cancro.A nai de Noe decide mudarse. Un cambio radical. Un novo comezo...
    Dispoñible

    17,75 €

  • VALDEMULLER
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Valdemuller é unha historia de iniciación onde Mina, unha rapaza que acaba de facer quince anos, se interna no mundo dos coñecementos ancestrais das mulleres que saben, que sempre souberon ao longo dos séculos, malia as invisibilidades e os silencios impostos. Tamén é o nome dunha fraga frondosa e enigmática situada no corazón da provincia de Lugo, ademais do título desta nove...
    Dispoñible

    14,50 €

  • DONA DE AURIA, A
    POMBO GRAÑA, ANDRES
    A novela é a continuación de O segredo das Burgas de 2018, seguindo as aventuras do medio-demo Ciprianiño, Cip para os amigos, a meiga Landelina e a súa mestra, dona Ádega.A historia comeza cando a meiga de meigas é chamada ao Edificio Simeón para tratar cunha invasión de trasnos. O que semella un simple caso de falcatruadas sobrenaturais pronto desvela ser unha conspiración pa...
    Dispoñible

    15,50 €

  • BERTA MIR DETECTIVE. O CASO DO ASASINO INVISIBLE
    SIERRA I FABRA, JORDI
    Desde que Berta se tivo que facer cargo da axencia de detectives de seu pai e se enfrontou a unha chea de casos e problemas, xa non é a mesma. E o último ano converteuse nunha espiral de tensións, sucesos e cambios na súa vida.Agora está piques de saír o primeiro disco do seu grupo, que a enche de ilusión; pero ten que decidir se continúa a súa relación con Néstor, se segue coa...
    Dispoñible

    17,75 €


01 02 03 04 05 06