MODELO DESCALZA, A

MODELO DESCALZA, A

SIERRA I FABRA, JORDI

17,30 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-9865-364-9
Páxinas:
240
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
COSTA OESTE
17,30 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Ollo coa fama! Ollo coa moda! Ollo co glamour!
Nesta obra de Jordi Sierra i Fabra, o autor que máis libros vende no conxunto do estado no ámbito da literatura infantil e xuvenil, abórdanse unha serie de cuestións esenciais como motivo de reflexión na idade adolescente como son a tiranía da imaxe perfecta, os transtornos alimentarios consecuentes… pero tamén o desamor e as dificultades asociadas ao corazón humano no terreo sentimental. O libro é tamén un texto de denuncia das mafias que operan polo mundo adiante traficando con seres humanos, en especial dende o terceiro mundo.
O autor achégase á cuestión dende un formato de novela policial, de tal maneira que a historia, envolvida en intriga, déixase ler moi facilmente. A acción viaxa por África e España, protagonizada por un xornalista que ve na televisión como unha antiga moza, agora supermodelo, está acusada do asasinato do seu actual noivo. Baixo destes parámetros, revísase todo o mundo corrupto que ás veces se agocha debaixo dun suposto universo de glamour e excelencia.

Artigos relacionados

  • LUME (V CERTAME DE TEXTOS TEATRAIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2022)
    BAÑOS DE COS, J.L.
    Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade, toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime. Cal é a causa pola que isto sucede? A verdadeira protagonista de Lume é a violencia, cada vez máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas e, en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. Contada de xeito n...
    Dispoñible

    10,80 €

  • MARXINADOS
    CARBALLUDE, PEPE
    Marxinados é unha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo, Fálanos dunha estrela do baloncesto que un día decide rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. ...
    Dispoñible

    15,50 €

  • LUZ. A HISTORIA NON CONTADA DE JESSE OWENS E LUZ LONG
    CASTRO, FRANCISCO
    Nas Olimpíadas de Berlín de 1936, un atleta negro asombrou o mundo. Jesse Owens gañou catro medallas e avergoñou o nazismo, que o consideraba inferior pola súa cor de pel, dando unha lección deportiva; pero nada do seu éxito sería posible sen un atleta alemán que xogou a vida por axudalo.Este libro conta a historia real de Luz Long, represaliado por Hitler por axudar a un compe...
    Dispoñible

    14,90 €

  • ENIGMA DE SANTIAGO, O (PREMIO RAIÑA LUPA 2020)
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2020Coincidindo cunha das moitas viaxes de seu pai, Samuel Ron entra en contacto con Sara Santiso, unha estudante de xornalismo que está a investigar un enigma vencellado coa historia de Compostela. Algo que puxo en perigo a vida de Xoán, un amigo de Sara, quen, tras afondar en documentos descoñecidos, descubriu a existencia du...
    Dispoñible

    15,90 €

  • SOBREMESAS SOBRE VERSOS (PREMIO SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHEIMER 2022)
    CASTRO, RAQUEL
    Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2022Uxía e a súa avoa Sica elaboran sobremesas mentres lembran os costumes do Courel, a mocidade e infancia dunha anciá que comeza a despoboarse de saberes e recordos. ...
    Dispoñible

    14,80 €

  • RAPACES SO SE TOCAN PARA DARSE DE HOSTIAS, OS (VIII PREMIO VIDAL BOLAÑO 2025)
    CALOTO, IVAN
    PREMIO ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2025.Esta peza nace inspirada nun caso real, acontecido nun instituto de Vigo en 2024. O texto fala dunha realidade que continúa a afectar os nosos adolescentes, intentando atopar as raíces sociais, psicolóxicas e culturais dun tema como o bullying ou acoso escolar. A peza recolle personaxes da vida diaria, amosando que unha persoa pode ser vítima ou...
    Dispoñible

    12,95 €

Outros libros do autor