Narrativa galego / A LUS DO CANDIL (BAF)

A LUS DO CANDIL (BAF)

A LUS DO CANDIL (BAF)

FOLE, ANXEL

18,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2024
Materia
Narrativa galego
ISBN:
978-84-8288-753-1
Páxinas:
168
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
BIBLIOTECA ANXEL FOLE
18,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

A descuberta dun escritor que na súa obra unía a tradición literaria moderna coa raiceira popular.
A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limiar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana.
Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira, as narracións de Fole conservan toda a frescura e espontaneidade, toda a graza e lixeireza que autores coma Italo Calvino consideran unha das virtudes fundamentais das obras literarias.
Este libro foi unha contribución esencial ao rexurdimento da narrativa galega de posguerra. A descuberta dun mundo máxico que se confunde co real, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos... Un libro que hoxe continúa a ofrecer aos lectores e lectoras toda a intensidade e toda a forza de sedución da gran literatura.

Artigos relacionados

  • LEI DAS ÁNIMAS, A. A NOVELA DA SANTA COMPAÑA
    G.REIGOSA, CARLOS
    O detective Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde son testemuñas abraiadas dunha pescuda apaixonante e misteriosaUn caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama.En A lei das ánimas, Carlos G. Reigosa desenvolve unha intriga si...
    Dispoñible

    20,55 €

  • CHAMADEME SIMBAD
    CASTRO VELOSO, FRANCISCO XOSE
    O avó é un pirata que non lembra nada. Paulo, un mariñeiro que vive as aventuras con el. Unha nube de desmemoria cóbreo todo na mente do avó. Hai piratas por todas partes en forma de adultos que non entenden nada. Só Paulo, coa súa ollada de enno, pode enterder o avó... ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (CARTONE)
    NEIRA VILAS, XOSE
    O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libro máis lido e o máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928), recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...] Ninguén me di para que serven as estrelas n...
    Dispoñible

    22,35 €

  • OITO DIAS SEN EVA CORTES (V PREMIO ILLA NOVA NARRATIVA 2021)
    VILA ALONSO, SARA
    PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2021A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha inform...
    Dispoñible

    18,50 €

  • DIAGONAL DOS TOLOS, A (PREMIO REPSOL 2014)
    LOPO, SANTIAGO
    VIII Premio de Narrativa Breve Repsol 2014Correr. Vivir. Sobrevivir. Unha persoa atravesa a pé a illa da Reunión, no Océano Índico. Por que corre? Cumprirá o seu obxectivo? Os ritmos africanos do maloya van marcar a cadencia desenfreada dunha carreira que agocha un segredo terrible e escuro. Santiago Lopo desvela os misterios da antiga Îlle Bourbon, nunha novela que engaiola de...
    Dispoñible

    20,55 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (B.N.VILAS)
    NEIRA VILAS, XOSE
    Velaquí unha das obras que fundan a narrativa galega contemporáneaO que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libros máis lido e máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén m...
    Dispoñible

    14,40 €

Outros libros do autor