Narrativa galego / AM@ME (AMAME)

AM@ME (AMAME)

AM@ME (AMAME)

TRABA DIAZ, AMADA / OLIVEIRA MALVA

26,15 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2020
Materia
Narrativa galego
ISBN:
978-84-9151-263-9
Páxinas:
352
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
FEMINISMOS
26,15 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Pensar o amor no século XXI é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máus e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor. Porque a amar apréndese. Mais cómpre tyamén desaprender os modelos nocivos baseados nos mitos románticos, unha sexualidade condicionada pola pornografía e, en definitiva, polos modelos esmagadores do patriarcado, elementos todos aos que está exposta a nosa mocidade sen que poidan facer moito por evitalos. Chis Oliveira e Amada Traba deitan a súa ollada, dun xeito accesible e divulgativo, sobre a complexidade do amor nestes tempos onde todo cambia á velocidade da luz. Nestas páxinas atoparemos diseccionados, entre outros asuntos, o amor romántico, o concepto de "normalidade" no que ao sexo e o amor se refire, ou como o patriarcado constrúe o xénero e a idea do amor... non quedan fóra as cuestións, importantísimas, das identidades sexuais (feminidade, masculinidade, trans e inter), as redes sociais ou a violencia no contorno da parella. Un libro pois, para pensar o amor e para aprender a des-pensalo, animándonos a ensaiar modelos máis amplos e enriquecedores.

Artigos relacionados

  • CHAMADEME SIMBAD
    CASTRO VELOSO, FRANCISCO XOSE
    O avó é un pirata que non lembra nada. Paulo, un mariñeiro que vive as aventuras con el. Unha nube de desmemoria cóbreo todo na mente do avó. Hai piratas por todas partes en forma de adultos que non entenden nada. Só Paulo, coa súa ollada de enno, pode enterder o avó... ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • OITO DIAS SEN EVA CORTES (V PREMIO ILLA NOVA NARRATIVA 2021)
    VILA ALONSO, SARA
    PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2021A desaparición dunha rapaza en Pontevella sacode a cidade mentres a prensa local comeza a furgar na súa vida familiar e nas relacións persoais. Moitos prexuízos sociais pesan sobre Eva Cortes: ser muller, pertencer a unha familia humilde e frecuentar aplicacións de contactos. Na redacción do Correo de Pontevella non desperdician ningunha inform...
    Dispoñible

    18,50 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (CARTONE)
    NEIRA VILAS, XOSE
    O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libro máis lido e o máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (Gres, Vila de Cruces, 1928), recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...] Ninguén me di para que serven as estrelas n...
    Dispoñible

    22,35 €

  • DIAGONAL DOS TOLOS, A (PREMIO REPSOL 2014)
    LOPO, SANTIAGO
    VIII Premio de Narrativa Breve Repsol 2014Correr. Vivir. Sobrevivir. Unha persoa atravesa a pé a illa da Reunión, no Océano Índico. Por que corre? Cumprirá o seu obxectivo? Os ritmos africanos do maloya van marcar a cadencia desenfreada dunha carreira que agocha un segredo terrible e escuro. Santiago Lopo desvela os misterios da antiga Îlle Bourbon, nunha novela que engaiola de...
    Dispoñible

    20,55 €

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO (B.N.VILAS)
    NEIRA VILAS, XOSE
    Velaquí unha das obras que fundan a narrativa galega contemporáneaO que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libros máis lido e máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén m...
    Dispoñible

    14,40 €

  • VIRTUDES(E MISTERIOS)PREMIO B.A 2019-NACIONAL NARRATIVA 21
    FRAGA, XESUS
    Premio Nacional de Narrativa 2021. Premio Blanco Amor 2019. Premio da Crítica de Galicia 2021Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futur...
    Dispoñible

    22,50 €