PORTELA, ELIAS
Bazar de traidores retrata un cambio de era: se cadra outra guerra mundial pasou e non nos decatamos: O universo é violento, aínda que a rutina humana o faga parsimonioso. A sociedade non é máis ca unha ilusión colectiva, e a historia, demasiado grande como para prestarlle atención aos individuos e ao seu senso de moral ou xustiza.