SAN JUAN, GREGORIO
HIPOCAMPO AMIGO pensaba ofrecer, en vida, a Gregorio San Juan, esta escolma de poemas, que sae do prelo cando o admirado poeta hai meses que nos deixou. Gregorio San Juan, un dos poetas alófonos en lingua galega de máis acertada expresión, hai tempo que esixía, entre nós, unha antoloxía. Na presente, en páxinas de apéndice, danse noticias e recóllense textos que, debuxan con bastante precisión o seu compromiso íntimo e cálido sempre en momentos en que a súa opción lingüística era un acto, moral e literario, libérrimo.