OTERO PIMENTEL, LUIS
A CAMPAÑA DA CAPRECÓRNECA publicouse por entregas en La Habana, na revista Follas Novas, e apareceu como volume unitario en 1898. Parte do seu interese radica no seu carácter de novela fantástica, con gran presencia do onírico e o paranormal, aínda que ese marco ficcional sexa aproveitado polo autor para dar curso a unha literatura na que abunda o costumismo folclórico, o realismo ruralista e a crítica política e social. A novela está narrada en primeira persoa por un mozo que, perdido na brétema ó regreso dunha feira, queda durmido e soña unha viaxe marabillosa que o transportará polos espacios siderais.