CASTELAO
EDICIÓN E LIMIAR MIGUEL ANXO SEIXAS SEOANE
EPÍLOGO JOSÉ MANUEL B. LÓPEZ VÁZQUEZ
A historia do Castelao pintor é parella á do debuxante e caricaturista. O xenio plástico e a capacidade para transmitir o relato que contén cada imaxe fan da súa obra pictórica un dos maiores expoñentes dunha arte de vocación popular que, ao mesmo tempo, busca a emoción estética. Castelao acada nos seus últimos cadros unha verdadeira liberación da cor na procura dunha pintura que tamén capta o que non se ve