CERNA DA SELVA, NA

CERNA DA SELVA, NA

TOBARUELA, PERE

15,10 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2022
ISBN:
978-84-9151-933-1
Páxinas:
148
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
COSTA OESTE
15,10 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona: unha estadía de cinco semanas en Ruanda en compaña de Dian Fossey, investigadora famosa polos seus traballos de protección e divulgación dos gorilas de montaña. Unha oportunidade única que permitirá que viva en primeira persoa o encontro entre dúas civilizacións, a moderna Europa fronte á descoñecida África, un mundo primitivo, cheo de segredos ancestrais, lendas e coñecementos máxicos. E neste mundo, na cerna da selva, unhas circunstancias alleas a el levarán a Xiao a descubrir cal é a esencia do medo, como se forxa a maldade e a que cheira a morte, vivencias límite que afrontará con Nzigui, un pigmeo co que forxará unha forte amizade.

Artículos relacionados

  • MEMORIAS DUN NENO LABREGO - LECTURA FACIL
    NEIRA VILAS, XOSE
    Balbino é un rapaz da aldea de mediados do século XX que observa o mundo que o rodea e adoece por entendelo, pero ninguén lle dá as respostas que precisa.Velaquí unha das obras fundamentais da literatura galega contemporánea, o maís lido e o máis traducido, agora adaptado á lectura fácil. ...
    Dispoñible

    12,85 €

  • CONTAS DE BUXO
    FERNANDEZ FERNANDEZ, RAQUEL
    Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un león que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos. Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último verán q...
    Non dispoñible

    15,10 €

  • SOBREMESAS SOBRE VERSOS (PREMIO SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHEIMER 2022)
    CASTRO, RAQUEL
    Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2022Uxía e a súa avoa Sica elaboran sobremesas mentres lembran os costumes do Courel, a mocidade e infancia dunha anciá que comeza a despoboarse de saberes e recordos. ...
    Dispoñible

    14,40 €

  • PROHIBIDO CASAR, PAPA!
    CASALDERREY, FINA
    O pai de Elia namorouse. Hai tempo que a nai morreu e, de pronto, aparece Berta na vida do pai de Elia. Esa nova relación non lle chista nada á rapaza. Berta cáelle fatal, e desexa con todas as súas ganas que o romance entre ela e o seu pai fracase. Mesmo sería quen de dar un empurrronciño para que iso sucedese... ...
    Dispoñible

    14,40 €

  • EN TERRA ALLEA
    CARBALLUDE, PEPE
    En terra allea aborda o tema da migración e os dramas colaterais: explotación laboral, dificultades coa vivenda, problemas de convivencia, enganos, abusos…, mais tamén aparece xente boa que tenta poñerse na delicada situación do outro. As relacións humanas, as friccións e os consensos, a imposición e a tolerancia, as penas e os momentos felices, pesan moito no decorrer da trama...
    Dispoñible

    15,20 €

  • SOMBRA DO GRAFFITI, A
    BABARRO FERNANDEZ, BRAIS
    Unha vila dos Estados Unidos vese arrasada por un tornado. Todos puideron escapar agás Bego, unha estudante galega de bacharelato que está de intercambio, quen, ademais de facer fronte á destrución, atopa o cadáver dun rapaz que leva ao pescozo o pano que ela trouxera desde Muros, coas sinaturas de amigos e familia.Soa, sen saber como o finado se fixo con el, e co medo de poder...
    Dispoñible

    14,90 €