COMANDO SINTROM

COMANDO SINTROM

GARCIA TURNES, BEATRIZ

15,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-191-8
Páxinas:
108
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA RONSEL
15,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Nestes relatos hai un rico mosaico de personaxes femininas que se atopan no final da súa vida. Con todo, non agardedes avoas de pano na cabeza, sentadas a carón da lareira ou enredadas coas tarefas domésticas. A autora presenta mulleres actuais que, a pesar da súa idade, ou quizais por iso, se adaptan aos novos tempos. Estas anciás manéxanse nas redes sociais, pasean o can pola cidade, camiñan por prescrición médica e gozan da vida na medida en que poden. O tempo xoga na súa contra e aparecen os achaques e tamén se enfrontan á soidade, ou ao pasado que chega para saldar débedas pendentes, porque ser vella non te fai mellor nin peor persoa, pero muda a visión da vida.
Nestes contos enfrontámonos ao que supón vivir nunha residencia, soa nunha casa ou en estreito contacto coas veciñas, e, curiosamente, todas as situacións teñen o seu aquel. Por veces estas mulleres son pillabanas, outras tremendamente sensibles, en ocasións parecen equivocarse, pero na inmensa maioría saen adiante con sentido do humor, con doses de retranca e de sororidade.

Artigos relacionados

  • NO DIA DO SEU ENTERRO
    PATO, CRISTINA
    A raíz da inesperada morte do seu pai, as irmás Raposo comezan unha viaxe vital que as leva a descubrir as múltiples realidades da cidade de Ourense en que se movía o seu pai.No día do seu enterro é unha novela sobre o poder da palabra, sobre a nobreza dos invisibles e sobre as verdades non contadas. Unha conmovedora historia sobre o que significa reconstruír a vida para poder ...
    Dispoñible

    16,45 €

  • MISERIA, A (PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2026)
    QUINTIÁ, XERARDO
    No medio dunha cidade ateigada de guindastres onde os edificios non paran de crecer, A miseria amósanos a físgoa pola que, nun determinado momento, todo se vén abaixo, nomeadamente para os máis febles. Como forma de procurar a beleza e de afrontar a debacle, o narrador enfócase nos pequenos detalles coma se fosen luminarias. Así, nesta novela de fonda sensibilidade humana, o pe...
    Dispoñible

    17,10 €

  • MORGANA EN ESMELLE
    CAAMAÑO, BEGOÑA
    LETRAS GALEGAS 2026PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012PREMIO AO MELLOR LIBRO DE FICCIÓN PARA A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORES 2012PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ 2012PREMIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA AO MELLOR LIBRO DE NARRATIVA 2012Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha ollada diferente sobre o mundo artú...
    Dispoñible

    19,50 €

  • NACIONAL 547 (PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2026)
    DE CEA, XOSÉ
    Nacional 547, máis que unha estrada, é a vea aberta pola que se desangra en arelas e frustracións a vida dun adolescente na Palas de Rei dos anos oitenta. O mozo retorna coa súa familia, desde a diáspora xarnega, no barcelonés barrio de Horta, a unha vila rural que para el será un territorio de exilio cuxas coordenadas lle resultan incomprensibles. Atoutiñante e desorientado, i...
    Dispoñible

    19,80 €

  • DOS AFECTOS, O RÍO (PREMIO ILLA NOVA DE NARRATIVA 2026)
    RUVIRA, SOFÍA
    Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus.Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se enfrontou ao poder e que chegou a converterse nun símbolo para a veciñanza. Pero investi...
    Dispoñible

    18,80 €

  • APAPACHOA. O CAMIÑO DE SANTIAGO COMO EXPERIENCIA CIMA (PREMIO DE ENSAIO CAMIÑO DE SANTIAGO 2025)
    GARCÍA JIMÉNEZ, ENRIQUE
    A partir da súa vivencia como peregrino a Santiago, e cunha técnica discursiva que ancora no epistolar, Enrique García Jiménez combina rigor histórico, reflexión espiritual e análise crítica da sociedade contemporánea arredor da ruta xacobea, de par que nos achega esta intensa experiencia catalizada nunha voz próxima que atrapa desde as primeiras páxinas e crea un círculo de co...
    Dispoñible

    17,50 €

Outros libros do autor

  • BATALLA DO FUTURO, A. UNHA BIOGRAFÍA DE RAMÓN PIÑEIRO
    GARCÍA TURNES, BEATRIZ
    Ramón Piñeiro (Láncara, 1915 - Castropol, 1990) foi unha das figuras intelectuais máis relevantes da súa xeración e do século XX en Galicia. O seu labor como intelectual acabou cedendo paso a un activismo comprometido co país e coa cultura, e xogou un papel fundamental como pedagogo, ideador e estratega.Quen foi director literario de Galaxia, resultou ser peza clave na resisten...
    Dispoñible

    38,00 €

  • ESTA NOITE HEI DE IR A VERTE
    GARCIA TURNES, BEATRIZ
    Setembro de 1964Sabela, unha mestra que acaba de sacar as oposicións, chega á parroquia de Brandeira. Alí agárdana a súa primeira escola e moitas outras cousas que non esperaba atopar: unha casa abandonada, luces misteriosas, unha alumna inquietante, uns amores truncados e as feridas do pasado que continúan abertas. Sabela descobre que non todo é o que parece, que a vida sempre...
    Dispoñible

    15,00 €

  • OURO DAS LUAS, O
    GARCIA TURNES, BEATRIZ
    Dispoñible

    18,25 €

  • LINGUA GALEGA ENTRE 1875 E 1916, A
    GARCIA TURNES, BEATRIZ
    Dispoñible

    12,02 €

  • VIDA E OBRA DE RAMON PIÑEIRO (LETRAS 2009)
    GARCIA TURNES, BEATRIZ
    Dispoñible

    12,00 €

  • VALDAMOR (ESGOTADO)
    GARCIA TURNES, BEATRIZ
    Esgotado

    9,40 €