PUNTO DE ARAÑA (PREMIO GARCIA BARROS 2025. PREMIO FOLLAS NOVAS 2026 Á OBRA DE NARRATIVA)

PUNTO DE ARAÑA (PREMIO GARCIA BARROS 2025. PREMIO FOLLAS NOVAS 2026 Á OBRA DE NARRATIVA)

PALLARES VILAR, NEREA

17,35 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-1176-469-8
Páxinas:
154
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
LITERARIA
17,35 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Premio García Barros 2025
Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo.
Fartas do egoísmo dos homes anfibios e ausentes, donos das decisións e dos cartos, e de sosteren a voz de todos sen que teñan elas voz propia, as palilleiras —tamén redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira— acordan acabar con esa situación dun xeito drástico e perigoso: chamando polas arañas. Tres mulleres temibles, donas do océano e do encaixe, que conforman un goberno doutra orde ao que cómpre obedecer.
Punto de araña é unha novela mariñeira e coral, batida pola escuma das ondas que petan contra as rochas e tecida coas voces de tres xeracións de mulleres que se rebelan. Unha loa ás que tecen as redes invisibles que nos sosteñen; ás mans que, en silencio, entrelazan o mundo e ás mans das amigas, rede de redes.

Artigos relacionados

  • RUNRUN
    VARELA, ANA
    Tras a prematura morte dos seus pais, Aldara sofre un episodio psicótico, e a súa irmá, Uxía, faise cargo, soa, da situación.Esta é a historia de Uxía, unha xanela para asomarnos á súa vida. Apenas unhas horas que nos deixan ver os seus afectos, os escollidos e os que veñen dados, que por veces se volven caníbales, das circunstancias e dos prexuízos que nos atrapan, e de como t...
    Dispoñible

    16,85 €

  • MERLIN E FAMILIA (BAC)
    CUNQUEIRO, ALVARO
    O libro fundacional da narrativa de Cunqueiro, poboado de personaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas prodixiosas.Publicada en 1955, esta é a novela coa que Cunqueiro comezou a súa obra narrativa logo de escribir varios libros de poemas. A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao l...
    Dispoñible

    17,00 €

  • ASASINATO NA CASA ROSA
    PORTABALES, ARANTZA
    Desde a editorial queremos promover unha campaña de prevenda deste libro en todas as librerías que teñen o servizo de novidades, pola que Galaxia asumiría un 5% a maiores en todos os pedidos que reciba entre o 10 de decembro e o 21 de xaneiro.Estes pedidos teñen que ser en firme, ou sexa, non terán dereito a devolución.Se é do voso interese, só tedes que poñer a vosa campaña a ...
    Dispoñible

    21,40 €

  • LINGUA ESTRANXEIRA, A (PREMIO DA CRITICA NARRATIVA GALEGA 2022 E OJO CRITICO NARRATIVA 2023)
    BRAIS, LAMELA
    Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece.Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro deci...
    Dispoñible

    22,50 €

  • OVERSIZE
    BOENTE, MARTA
    A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...
    Dispoñible

    18,10 €

  • DO SANTO LUCAS Ó SAN XOHÁN. ONCE HORAS COMPOSTELÁNS
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN
    Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...
    Dispoñible

    22,00 €