SEOANE, LUIS
COMUNICACIÓNS MESTURADAS é un volume aparecido por vez primeira en 1973 e no que se recollen artigos e pequenos ensaios elaborados entre os anos 1958 e 1971 para a súa emisión no programa radiofónico Galicia emigrante, unha das moitas empresas de carácter cultural na que Luís Seoane participou activamente durante o seu exilio bonaerense. A variada índole dos temas tratados, desde o cine, o teatro e a pintura ata a literatura, a historia e mesmo a gastronomía son unha boa proba do aberto talante espiritual de Seoane e da amplitude dos seus intereses culturais.