RODRIGUEZ MONTEAVARO, MIGUEL
Cortar pescado en Manila é un libro heterodoxo, fóra do canon, con moitas facetas e capas. Grazas ao personaxe dun peixeiro das rúas de Manila, Rodríguez Monteavaro sintetiza os problemas xerais do mundo de xeito fresco e con madurez e cunha proposta formal pouco corrente: o protagonista do libro fala en primeira persoa da precariedade laboral, sa violencia, do desexo, do amor, da ternura, das espectativas do futuro e dos traumas do pasado para conseguir facer identificarse á xente lectora con el nunha mestura de rabia, noxo, pena, empatía e sorna.