ALEIXANDRE, MARILAR
Enmarcado nun proxecto literario chantado na memoria histórica e as violencias sociais, Terra baixo as uñas convócanos a determinados lugares Madrid, Valencia impactados por balas, obuses, alagamentos, exilios A través dunha escrita aberta en canle e tamén carnal, a autora realiza un exercicio de escavación que, ao tempo que se pensa a si mesmo, desenterra historias, exhuma corpos, reivindica acontecementos e recupera nomes.