MAIZ, RAMON
Parte dos problemas e das insuficiencias das primeiras teorías do nacionalismo, a etnicidade e o multiculturalismo derivánse dunha concepción das comunidades culturais como grupos prepolíticos, resultado obxectivo dos «feitos empíricos» demográficos e étnicos diferenciais. Así e todo, a fiolosofía, os estudos históricos e culturais así como as ciencias sociais máis recentes cuestionaron esta perspectiva en canto debedora de asuncións claramente insostibles.