VARIOS
Agora que a Real Academia Galega cumpre 120 anos de vida é unha boa ocasión para darmos a coñecer parte do valioso material bobliográfico que se conserva na nosa institución, presentando un catálogo alfabético dos libros e dos folletos existentes na Biblioteca da Academia que foron publicados entre os anos 1800 e 1936 e que conteñen textos escritos en galelo ou ben que tratan da lingua e da literatura galegas.
Con esta publicación queremos poñer en valor a importante colección bibliográfica que se conserva na Academia e con ela tamén pretendemos animar á lectura dese farturento tesouro da lingua preservando nos andeis da nosa Biblioteca.
O catálogo está percedido por unha breve introducción onde se dá conta da historia da Bilblioteca da Academia, feita por Fernando Pereira González que nos ofrece unha visión de conxunto dos contidos do catálogo centrada nas imprentas e nos lugares de impresión, nos xéneros literarios e naquelas obras máis curiosas ou que merecen ser destacadas.