ENIGMA DE SANTIAGO, O (PREMIO RAIÑA LUPA 2020)

ENIGMA DE SANTIAGO, O (PREMIO RAIÑA LUPA 2020)

NEIRA CRUZ, XOSE A.

15,90 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2026
ISBN:
978-84-9151-724-5
Páxinas:
210
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
COSTA OESTE
15,90 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2020
Coincidindo cunha das moitas viaxes de seu pai, Samuel Ron entra en contacto con Sara Santiso, unha estudante de xornalismo que está a investigar un enigma vencellado coa historia de Compostela. Algo que puxo en perigo a vida de Xoán, un amigo de Sara, quen, tras afondar en documentos descoñecidos, descubriu a existencia dunha trama que converte a Santiago nunha das capitais do tráfico clandestino de reliquias. O valor deses obxectos, e as súas lucrativas ganancias, fan que algúns, uns poucos poderosos, sexan quen de todo con tal de manter os seus privilexios. Mais tamén están André e o seu can Bretón. André vive na cidade desde hai uns meses, tocando polas rúas na procura dun lugar no mundo. Xuntos intérnanse nunha aventura inesperada e fascinante: a que pon en contacto dúas épocas para descubrirnos que, con independencia dos tempos, os seres humanos actúan sempre dun xeito semellante. Para ben e para mal. Quizais porque, en realidade, o tempo non existe.

Artigos relacionados

  • LUME (V CERTAME DE TEXTOS TEATRAIS ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2022)
    BAÑOS DE COS, J.L.
    Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade, toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime. Cal é a causa pola que isto sucede? A verdadeira protagonista de Lume é a violencia, cada vez máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas e, en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. Contada de xeito n...
    Dispoñible

    10,80 €

  • MARXINADOS
    CARBALLUDE, PEPE
    Marxinados é unha historia de persoas que viven, dalgunha maneira, fóra do mundo. Pero que tamén queren cambialo, Fálanos dunha estrela do baloncesto que un día decide rematar a súa carreira e ir traballar como educador ao internado onde tamén el foi criado. ...
    Dispoñible

    15,50 €

  • LUZ. A HISTORIA NON CONTADA DE JESSE OWENS E LUZ LONG
    CASTRO, FRANCISCO
    Nas Olimpíadas de Berlín de 1936, un atleta negro asombrou o mundo. Jesse Owens gañou catro medallas e avergoñou o nazismo, que o consideraba inferior pola súa cor de pel, dando unha lección deportiva; pero nada do seu éxito sería posible sen un atleta alemán que xogou a vida por axudalo.Este libro conta a historia real de Luz Long, represaliado por Hitler por axudar a un compe...
    Dispoñible

    14,90 €

  • SOBREMESAS SOBRE VERSOS (PREMIO SIMBAD PARA O RECORDO E O ALZHEIMER 2022)
    CASTRO, RAQUEL
    Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2022Uxía e a súa avoa Sica elaboran sobremesas mentres lembran os costumes do Courel, a mocidade e infancia dunha anciá que comeza a despoboarse de saberes e recordos. ...
    Dispoñible

    14,80 €

  • RAPACES SO SE TOCAN PARA DARSE DE HOSTIAS, OS (VIII PREMIO VIDAL BOLAÑO 2025)
    CALOTO, IVAN
    PREMIO ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2025.Esta peza nace inspirada nun caso real, acontecido nun instituto de Vigo en 2024. O texto fala dunha realidade que continúa a afectar os nosos adolescentes, intentando atopar as raíces sociais, psicolóxicas e culturais dun tema como o bullying ou acoso escolar. A peza recolle personaxes da vida diaria, amosando que unha persoa pode ser vítima ou...
    Dispoñible

    12,95 €

  • PODER NON E QUERER
    RIVAS CANTELAR, NOELA
    Mariña esperta aos seus 17 anos nun hospital e non lembra nada do que pasou na tola festa do Samaín da noite anterior. A través das interesadas confesións dos amigos do instituto e dos familiares que a visitan, vai apañando os anacos do que aconteceu e da espiral autodestrutiva en que estivo inmersa nos últimos meses: un remuíño de desexos reprimidos, adiccións, descubertas sex...
    Dispoñible

    17,30 €

Outros libros do autor

  • VALDEMULLER
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Valdemuller é unha historia de iniciación onde Mina, unha rapaza que acaba de facer quince anos, se interna no mundo dos coñecementos ancestrais das mulleres que saben, que sempre souberon ao longo dos séculos, malia as invisibilidades e os silencios impostos. Tamén é o nome dunha fraga frondosa e enigmática situada no corazón da provincia de Lugo, ademais do título desta nove...
    Dispoñible

    14,90 €

  • POR MOR DE CINCO PIZZAS AOS CATRO QUEIXOS (PREMIO C.MOSTEIRO 2021)
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Uns días antes do Nadal, Piero desapareceu. Estaba a papar a última das cinco pizzas que apostara manducar de golpe, cando a súa barriga fixo pufff e os ollos se lle pecharon. Desde ese momento, correu a voz de alarma en toda a Comunidade. Onde estaba Piero? Só a súa curmá Bárbara e tío Ted sabían que aquela desaparición non fora totalmente casual. ...
    Dispoñible

    14,40 €

  • JAN ESTIVO ALI (ARBORE-ARTE)
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Dentro das grandes obras de arte habita un enigma. Un misterio chamado a perdurar ao longo dos séculos. Así sucede no marabilloso retrato do matrimonio Arnolfini, que Jan van Eyck pintou en 1434. No fondo deste cadro hai unha sorpresa, e desa sorpresa naceu esta historia. ...
    Dispoñible

    21,20 €

  • ENIGMA DO BAUL PECHADO, O (Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil 2019)
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Dispoñible

    15,00 €

  • OLLOS DO TANGALEIRON, OS
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Dispoñible

    15,50 €

  • SONO DAS SEREAS, O (XI PREMIO DE NARRATIVA REPSOL 2017)
    NEIRA CRUZ, XOSE A.
    Dispoñible

    17,60 €