FILGUEIRA VALVERDE, XOSE
Estudios sobre a lírica medieval recolle traballos realizados por Filgueira Valverde ó longo de máis de sesenta anos de intensa adicación ó estudio da primeiras manifestacións escritas da nosa literatura. Os textos incluídos neste libro foron orixinariamente publicados nos medios máis diversos, pero todos eles responden a unha preocupación que sempre tivo carácter central na obra do seu autor.