SUAREZ PICALLO, RAMON
La feria del mundo recolle unha escolma das crónicas de Ramón Suaréz Picallo escritas na prensa chilena desde 1942 ata 1956. Velaquí un mosaico de estilos e asuntos de constitúe boa mostra do traballo xornalístico do autor sadense, reflexo da súa ollada nítida e crítica sobre unha realidade amarga pola distancia forzosa. Tamén da dor polos ausentes, do seu profundo galeguismo e da esperanza, que se borra lentamente, de que os países democráticos acudan á chamada da España da posguerra. E así nolo contou.