Búsqueda de Editorial : CONSELLO DA CULTURA GALEGA / Colección : VARIOS (CONSELLO DA CULTURA)

303 resultados

  • A UNHA VOZ NA METADE DO REINO. CINCOCENTOS ANOS DA XUNTA DE MELIDE
    VARIOS
    Celebramos acontecementos pasados porque dalgún xeito están presentes, como lugares de memoria ou feitos que lle din algo á comunidade, aínda que é moi habitual que a mensaxe que transmite un monumento ou un suceso vaia cambiando no decorrer do tempo, conforme cambia a sociedade e os seus valores e inquedanzas. ...
    Dispoñible

    18,00 €

  • MOSTEIRO DE MONTEDERRAMO.COLECCION MONUMENTAL E IND.(CON CD
    LORENZO, RAMON
    Esta obra contén a edición de toda a colección documental do mosteiro ourensán de Montederramo, desde o primeiro documento que se conserva (do 15 de marzo 1124) ata os últimos escritos en pergamiño no século XVI (do 25 de marzo de 1560), en total 1880 documentos, seguidos de dous longos apéndices que conteñen dúas cartas executorias, unha de 1520 e outra de 1606, nas que se rep...
    Dispoñible

    15,00 €

  • SON DE GALICIA. OS COROS GALEGOS
    VARIOS
    O libro que tes nas túas mans acompaña a mostra Son de Galicia, organizada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo principal de homenaxear as catro corais galegas centenarias, na secuencia dos actos programados para reavivar a memoria das Irmandades da Fala e renderlles tributo, a elas que ao movemento xerado ao seu carón, pola pegada deixada na cultura galega do último sé...
    Dispoñible

    12,00 €

  • ALBUM DA CIENCIA 30 NOMES E AS SUAS ACHEGAS
    VARIOS
    Esta publicación presenta unha selección de 30 nomes que salientaron pola súa relevancia, orixinalidade ou representatividade no eido da ciencia galega. A edición mostra unha versión duvulgativa das súas biografías elaborada a partir dos textos publicados no proxecto ÁLbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega, que se pode consultar integramente na web:consellodacultura.gal ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • ANTROPONIMIA E LEXICOGRAFIA
    BOULLON AGRELO, ANA ISABEL
    Reúnense aquí contribucións sobre a elaboración de dicionarios atroponímicos, tanto desde unha perspectiva románica como en distintos ámbitos xeográficos (Italia, Reino Unido e Irlanda, Estados Unidos, Galicia), así como a conexión entre a antroponimia e o léxico común (a denomástica) e sobre aspectos específicos do estudo da antroponimia galega (problemas etimolóxicos, sobre a...
    Dispoñible

    18,00 €

  • MELODIAS GALEGAS DE JOSE BALDOMIR RODRIGUEZ
    VISO SOTO, MARGARITA
    José Baldomir Rodríguez (1865-1947) é, xunto a Marcial de Adalid (de quen foi discípulo), Juan Montes, Pascual Veiga e Juan José Castro «Chané», un dos compositores históricos máis importantes de Galicia. Eles son os precursores da nosa música xa que contribuíron coa súa obra de forxar un patrimonio musical galego que arraigou no pobo e axudaron notoriamente a divulgar, a travé...
    Dispoñible

    18,00 €

  • OFRENDA LIRICA A NENA SILVIA SANTIAGO CONDE
    VARIOS
    O sete de setembro de 1960, a nena Silvia Santiago Conde facía a primeira comuñón na Coruña e seu pai, o escritor e empresario Silvio Santiago, autor de Vilardevós e de O silencio redimido, convocou amigos, poetas e escritores galegos a participaren nunha Ofrenda Lírica en forma de libro e celebraren, así, o acontecemento. Responderon á chamada dezasete autores de primeiro niv...
    Dispoñible

    12,00 €

  • OS EXILIOS IBERICOS: UNHA ILLADA COMPARADA 70 ANOS F.CONSEL
    VARIOS
    Reúnense neste volume os textos presentados e debatidos no marco do simposio Os exilioa ibéricos en Clave Comparada, que co gallo do 70 aniversario da fundación en Montevideo do Consello de Galiza foi realizado en Santiago de Compostela os días 14 e 15 de novembro de 2014, coorganizado polo Consello da Cultura Galega e o Grupo de Investigación da USC Historia Política e dos Nac...
    Dispoñible

    20,00 €

  • VERBO DA TEORIA DA RELATIVIDADE RESTRINXIDA E XERAL
    EINSTEIN, ALBERT
    A teoría da relatividade restrinxida e xeral supón un dos cumios da capacidade intelectual do ser humano. Reformulou os conceptos de espazo e tempo, a comprensión da orixe e evolución do Universo, e propiciou a entrada na era nuclear. Para os historiadores de dentro duns séculos esta fazaña do xenial físcio Albert Einstein será un dos fitos do século xx. ...
    Dispoñible

    18,00 €

  • TEMPO DAS MAREAS,O
    LOPO, MARIA
    María Victoria Casares Pérez naceu fronte ao mar da Coruña en 1922. As guerras e os exilios conducírona a Francia, onde se converteu en Maria Casarés, unha das grandes actrices europeas do século XX. O tempo das mareas percorre a súa vida dende unha óptica galaica, achegando datos e materiais inéditos sobre a infancia coruñesa, a adolescencia madrileña, a xuventude exiliada e a...
    Dispoñible

    15,00 €

  • ELISEO PULPEIRO. AS LETRAS GALEGAS ENTRE DUAS RIBEIRAS
    VARIOS
    Eliseo Pulpeiro (Ribadeo 1901 - Bos Aires 1974) emigra cos seus pais e irmáns a Arxentina cando acaba de cumprir doce anos. Nunca se esquece do seu Ribadeo e da súa Galicia e segue desde a distancia todo aquilo que acontece na terra que o viu nacer. ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • ROSENDO SALVADO E O MUNDO ABORIXE DE AUSTRALIA
    VARIOS
    A conmemoración do douscentos aniversario do nacemento de Rosendo Salvado (Tui, 1 de marzo de 1814) constitúe unha inmellorable ocasión para profundar nun aspecto clave da súa vida e obra; de feito, a cerna de toda a súa extraordinaria andaina: o seu pensamento e práctica indixenistas. Foi o seu un compromiso co mundo aborixe que desbotaba radicalmente a brutal perspectiva etno...
    Dispoñible

    15,00 €

  • EMIGRACION E EXILIO NOS ESTADOS UNIDOS DE AMERICA:EX.GALI.
    VARIOS
    Inexplicablemente, Galicia e as illas dos Azores viviron afastadas ao longo da historia, sen apenas intercambio cultural ou científico. Malia o distanciamento, estes dous territorios atlánticos, que forman parte da periferia europea e que están integrados no universo ibérico e lusófono, teñen tradicións culturais similares, aínda que fose a través de diferentes vieiros. ...
    Dispoñible

    15,00 €

  • ARTE + PINTURA
    VARIOS
    A Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega traballa na consecuación de debates e accións encamiñadas a facer pensar desde e fronte ás artes visuais na actualidade. A presente publicación recolle as reflexións que tiveron a súa orixe nas xornadas que, co mesmo título ARTE + PINTURA, reuniron no ano 2014 a destacados profesionais que son pr...
    Dispoñible

    10,00 €

  • GALICIA EN CUBA. LINGUA.ROSALIA.LOITAS
    NEIRA VILAS, XOSE
    Temos aquí tres libros nun só volume. Tres temas ou capítulos definidores da obra dos nosos emigrantes que arribaron a Cuba. O autori Xose Neira Vilas, viviu 31 anos naquela illa (entrañable para milleiros de galegos), dos que dedicou máis de vinte e cinco a investigar con rigor e tenacidade a presenza galega dende 1870 ata hoxe. ...
    Dispoñible

    18,00 €

  • SECULO DE XELMIREZ, O
    VARIOS
    A figura de Diego Xelmírez, con ser tan senlleira e mesmo única na historia de Galicia, goza dunha irregular fama. A súa executoria histórica reúne en si mesma, a partes iguais, tanto de grandeza como de maldición. Non deixou indiferente a ningún dos seus estudosos, pero tampouco os seus coetáneos inmediatos lle gardaron fidelidade. As súas cinzas fican en lugar ignoto e o seu ...
    Dispoñible

    18,00 €

  • CONTACTO DE LINGUAS, HIBRIDADE, CAMBIO:CONTEXTOS,PROCESOS E
    VARIOS
    Este volume propón ofrecer visións innovadoras sobre o contacto lingüístico galego-castelan alen dos paradigmas lingüísticos tradicionais, e presenta así mesmo olladas relevantes sobre o contacto desde a persepectiva do portugués, tanto europeo como brasileiro. ...
    Dispoñible

    18,00 €

  • ESCRIBIR DE CIENCIA EN GALEGO (ACTAS)
    VARIOS
    A utilización da lingua galega nos procesos de transmision do saber científico, tanto no eido da comunicación especializada como no da vulgarización, foi un proceso que non atopou un camiño fácil pero que, en calquera caso, levou unha tendencia crecente ata aproximadamente o cambio do século, no que a viraxe das políticas científicas españolas favoreceu o comezo da utilización ...
    Dispoñible

    10,00 €

  • UN CANTO E UNHA LUZ NA NOITE. ASOCIONISMO CULT.GAL.1961-1975
    VARIOS
    Dúas décadas despois da desfeita cultural e política provocada pola Guerra Civil, as primeiras asociacións culturais fundadas nas cidades e nas vilas de Galicia foron capaces de dar pasos pioneiros e determinantes para a defensa e a promoción dos valores culturais do pobo galego, anunciado o que habería de ser o programa cultural desenvolto polo sistema autonómico constituído a...
    Dispoñible

    15,00 €

  • VOTO EMIGRANTE, O. ACTAS DO DEBATE REALIZADO EN 2008
    VARIOS
    No marco das actividades que o Arquivo da Emigración Galega promove arredor do feito migratorio, foi organizado o 1 de febreiro de 2008 un foro de debate sobre un tema daquela --e mesmo actualmente-- moi candente, como é o da participación política dos emigrantes nos comicios electorais realizados en Galicia en todos os seus niveis (municipais, autonómicos e xerais). ...
    Dispoñible

    10,00 €

  • CIENCIAS E HUMANIDADES. DUAS CULTURAS EB COLISION? 50 ANOS
    VARIOS
    O 7 de maio de 1959, Charles Percy Snow (máis tarde, Lord Snow), científico e novelista, pronunciou a conferencia anual máis prestixiosa da Universidade de Cambridge, a Rede Lecture. Ese ano o título da charla era «As dúas culturas e a revolución científica» e serviu para asentar definitivamente o termo: «as dúas culturas». ...
    Dispoñible

    6,00 €

  • MUSICA GALEGA NA EMIGRACION IV ENCONTRO. O SON DA MEMORIA
    VARIOS
    A dedicatoria do IV Encontro O SOn da Memoria ás musicas emigradas ou, mesmo, á produción musical dos galegos fóra do seu país responde a unha liña de debate, investigación e compilación instaurada modernamente nos núcleos intelectuais e sociais nos que os movementos humanos e as súas consecuencias preocupan dun xeito particular. Na especial atención que o Consello da Cultura G...
    Dispoñible

    15,00 €

  • SOCIEDADES PLURILINGUES:DA IDENTIDADE A DIVERSIDADE
    VARIOS
    O obxectivo deste foro é ofrecer un ámbito de análise sobre a situación presente e as perspectivas de futuro do galego, no marco dunha reflexión de horizonte alongado sobre as condicións de sustentabilidade de diversidade lingüística no mundo contemporáneo e dun debate sobre as fórmulas de convivencia nas sociedades plurilingües. Deste xeito, a problemática galega foi contempla...
    Dispoñible

    12,00 €

  • PERSPECTIVAS SOBRE A ORALIDADE
    VARIOS
    Este volume reúne dezaseis artigos orixinais sobre diferentes aspectos da lingua e da comunicación oral, encargados expresamente a especialistas neste campo: análise do discurso oral, a función estética da lingua oral nos medios de comunicación, a adquisición da lingua e aprendizaxe da expresión oral, o uso da voz na comunicación e uso de recursos non verbais, tecnoloxías da fa...
    Dispoñible

    15,00 €

  • XOGOS POPULARES EN PONTEVEDRA
    CASAL, JOSE / LOIS
    O Consello da Cultura Galega, na súa política de recuperar e dar a coñecer textos inéditos, propuxéralle hai tempo a Xosé Fuentes (daquela membro da Sección de Antropoloxía Cultural) a transcirción do orixinal de José Casal sobre xogos populares e divertimentos que conserva o Museo de Pontevedra, traballo que agora ve a luz precedido dunha introdución en que se estuda a persona...
    Dispoñible

    12,00 €

  • LINGUA, SOCIEDADE E MEDIOS DE COMUNICACION EN GALICIA
    VARIOS
    No ano 2000 o Consello da Cultura Galega decidiu abordar un proxecto de avaliación das políticas lingüísticas galegas durante o período autonómico, dirixido por Henrique Monteagudo e o recentemente desaparecido Xan Bouzada. Daquela frutífera colboración xurdiron tres volumes dentro do que se deu en chamar O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). O presente traba...
    Dispoñible

    15,00 €

  • FERIA DEL MUNDO, LA. CRONICAS DESDE CHILE 1942-1956
    SUAREZ PICALLO, RAMON
    La feria del mundo recolle unha escolma das crónicas de Ramón Suaréz Picallo escritas na prensa chilena desde 1942 ata 1956. Velaquí un mosaico de estilos e asuntos de constitúe boa mostra do traballo xornalístico do autor sadense, reflexo da súa ollada nítida e crítica sobre unha realidade amarga pola distancia forzosa. Tamén da dor polos ausentes, do seu profundo galeguismo e...
    Dispoñible

    15,00 €

  • ANXEL CASAL, UN EDITOR PARA UN PAIS
    VARIOS
    O gran contributo de Ánxel Casal á Galicia do século XX estivo no campo da industria cultural, no seu intento do dotar Galicia, coa lingua galega como vehículo de comunicación, dunha estrutura editorial estable, tanto na edición propiamente dita de textos fundamentais para a cultura galega moderna, como na presentación estética desas obras, de acordo coas tendencias máis comúns...
    Dispoñible

    18,00 €

  • ORDO PROPHETARUM. DRAMA LITURXICO DO SECULO XII (CON CD)
    VARIOS
    O Ordo Prophetarum é unha peza senlleira dentro do ciclo dos dramas litúrxicos medievais. Describe o anuncio da vinda do Mesías por parte dos profetas bíblicos e persoeiros da paganía. Represéntabase nas matinas de Nadal e, na sé compostelá, serviu de modelo iconográfico para o Pórtico da Gloria. O Mestre Mateo asumiu o reto de deter o tempo e labrar en granito os acenos e a mú...
    Dispoñible

    12,00 €

  • CULTURA E PARTICIPACION
    VARIOS
    A relación entre acción cultural e participación ten un caracter constitutivo. A participación é imprescindible para que as políticas culturais acaden os seus obxectivos máis promordiais de arrequecer os horizontes identitarios dunha comunidade. ...
    Dispoñible

    9,00 €