Revistas galegas / GRIAL 233 (X.F.M. 2022)

GRIAL 233 (X.F.M. 2022)

GRIAL 233 (X.F.M. 2022). O GALEGO: DESAFIOS DO PRESENTE

O GALEGO: DESAFIOS DO PRESENTE

VARIOS

13,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2022
Materia
Revistas galegas
Páxinas:
166
Colección:
GRIAL
13,00 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

O galego: no punto de inflexión?
HENRIQUE MONTEAGUDO
Galicia é a comunidade europea con maior arraigo dunha lingua minorizada. Máis do 95 por cento dos galegos declaran entender o idioma do país e arredor do 90 por cento afirman saber falalo. Catro de cada dez téñeno como lingua inicial, por tres de cada dez que teñen o castelán e un de cada catro que aprenderon a falar nos dous idiomas. De cada dez galegos, catro alternan o uso das dúas linguas no día a día, tres falan só en galego e dous só en castelán. Claro está que por debaixo desas cifras se agochan fondos desequilibrios, pois a distribución do uso das dúas linguas é moi desigual segundo o status social e o lugar de residencia. Con todo, o máis preocupante de cara ao futuro é a drástica minorización do galego nos grupos máis novos. Sobre estes se coloca o foco dunha boa parte dos traballos do dossier deste número de GRIAL.
Corenta anos de autonomía e trinta e cinco de Lei de normalización lingüística non conseguiron reverter a perda de falantes do idioma, e hoxe a xente nova en teoría sabe máis e mellor galego ca nunca, pero na práctica fálao menos e peor cá xente maior. As presións contextuais fan que a converxencia cara ao castelán e o cambio a prol deste sexan as alternativas máis fáciles e “naturais” para os e as galego falantes. De maneira inversa, os condicionamentos ambientais son en xeral pouco propicios ou abertamente adversos para que os e as castelanfalantes desenvolvan prácticas lingüísticas en galego, de maneira que estas esixen unha motivación individual moito maior que aquelas. De máis a máis, a viraxe regresiva da política lingüística e dos discursos públicos sobre as linguas en Galicia e en España constatada a partir de 2009 tivo uns efectos demoledores, ao provocar a (re)activación de prexuízos estigmatizadores cara ao galego e os seus falantes, un incremento da desigualdade e a creación dun clima de resentimento entre os distintos grupos sociolingüísticos. Porén, nos últimos tempos, talvez como reacción ante o desgaste do neoliberalismo e o auxe da extrema dereita ultra-españolista, estes discursos están mudando nun sentido máis favorable, ao tempo que en sectores significativos da mocidade se deixa sentir unha nova corrente reivindicativa do idioma do país. Así mesmo, no seo das correntes galeguistas estase verificando unha notable mudanza de estratexias, e adóptanse outras máis eficaces para chegar a sectores sociais amplos. Sorprendentemente por primeira vez, a macro-enquisa do IGE 2018 non recolle un retroceso do uso do galego, senón un estancamento do proceso de substitución. Será isto o anuncio dun cambio de tendencia esperanzador? O tempo dirá.
De certo, o idioma propio de Galicia —propio porque aquí naceu— continúa a ser a lingua minorizada de Europa cunha porcentaxe maior de falantes sobre o conxunto da poboación. Pero para non perdermos esta honrosa situación cómpre que reflexionemos todos e cada un dos cidadáns e cidadás, e moi especialmente os responsables políticos e institucionais se estamos facendo todo o posible e o necesario —o imprescindible— para que as persoas galegofalantes, desde a súa infancia ata súa vida adulta, nos lugares de estudo e de traballo e nos ámbitos de lecer, nas diferentes facetas da súa vida diaria, poidan desenvolverse en liberdade e en igualdade. Que non se fixo? Que se fixo mal? Que se puido facer mellor? E, sobre todo: que resta por facer? Os traballos que ofrecemos, sine ira et studio, pretender botar algo de luz para atoparmos respostas a estes interrogantes.

Artículos relacionados

Outros libros do autor

  • NO LINDEIRO DO BOSQUE. A TRADUCION NOS PRIMEIROS ANOS DE GRIAL
    VARIOS
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos.O novo volume desta colección conmemorativa é No lindeiro do bosque, a ...
    Dispoñible

    21,50 €

  • DAR VOZ AO TEATRO GALEGO. O PREMIO CASTELAO DE TEATRO 1964-1967
    VARIOS
    Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos. O novo volume desta colección conmemorativa é Dar voz ao teatro galego...
    Dispoñible

    23,50 €

  • RECEITAS DE A VOLTAS CO PRATO, AS
    VARIOS
    Begoña, Estefanía, Merchi e Xulio forman un equipo sen igual!Reunidos ao redor dunha gran cociña, foi como xurdiu este libro que vos ofrecemos, cociñando e probando, algo espeluxados, como auténticos exploradores da gastronomía na procura do sabor definitivo.Este é o resultado dun amoroso cociñado en grupo, un belisco da nosa pequena gran vida sendo parte do programa da TVG A v...
    Dispoñible

    21,50 €

  • CANTIGUEIRO DE COMPOSTELA
    VARIOS
    O cancioneiro popular galego é unha creación colectiva, oral e normalmente anónima. Un dos alicerces da nosa Cultura —con maiúsculas, pois todo é cultura, malia que algúns diletantes aínda queiran poñer por enriba o creado en soidade sobre unha escribanía que as creacións do pobo entre cantos, viños e danzas. Esta recompilación é froito tamén dunha obra colectiva. Os escolmador...
    Dispoñible

    17,50 €

  • FIOS DE INFANTIL, OS (PREMIO MARTA MATA DE PEDAGOXIA 2016)
    VARIOS
    Traballo gañador do XXXVI Premio Marta Mata de Pedagoxía 2016. Esta edición contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Un libro que emociona, que achega o coñecemento e as experiencias de dúas mestras comprometidas coa calidade e a innovación educativas. As súas ideas brillantes, as reflexións cheas de ...
    Dispoñible

    17,60 €

  • CONTARONME UN CONTO MAL CONTADO. ONDE ESTABAN AS MULLERES NA HISTORIA ?
    VARIOS
    Ao longo dos séculos, os varóns foron tanto autores como protagonistas do relato histórico, e este monopolio desembocou nunha escaseza de referencias ao universo feminino, máis, cando se daban, amosaban unha serie de estereotipos que calaron profundamente na sociedade, probablemente porque contribuían a manter e fundamentar os piares da ideoloxía patriarcal imperante.Este traba...
    Dispoñible

    20,50 €