OTERO PEDRAYO, RAMON
Durante os anos 1966 e 1967, Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-Trasalba, 1976) escribiu, en castelán, esta ambiciosa síntese de autores e estilos da arte, que ata o de agora permanecía inédita. Coa súa inconfundible impronta literaria e unha cultura enciclopédica, percorre os diferentes períodos, desde a prehistoria ata o cinema. Velaquí a vivencia e a emoción causada pola obra de arte posta en palabras por un dos meirandes escritores do século XX.