OTERO PEDRAYO, RAMON
Escritas cando xa levaba uns anos de profesor xubilado, as memorias de Ramón Otero Pedrayo comezan coa descrición de dúas familias e dúas casas. A paterna, en Trasalba, e a materna, na rúa de Paz, no centro da cidade de Ourense. En Trasalba, o neno goza cos xogos no campo, coas conversas dos veciños e cos contos da avoa paterna.