MENDEZ, FERNANDO
HISTORIA DUN CRIME é o froito dunha exhaustiva investigación sobre o caso do metílico, o alcol tóxico comercializado fraudulentamente que acabou coa vida de máis de mil persoas en 1963 e deixou cegas a moitas outras. Aínda que o envelenamento se entendeu por toda a xeografía española, foi na provincia de Ourense onde tivo unha maior incidencia. Fernando Méndez traballou durante varios anos cos 36.000 folios que compoñen o sumario deste caso, arquivados no Pazo de Xustiza de Ourense, e escrbiu este libro, apaixonante reconstrucción dunha sórdida historia de lucro e morte.