MENDEZ, ORIANA
A ollada dislócase e faise especular, diríxese para o interior: "cristais arrodeándonos cuxo reflexo / non quereriamos mirar aos ollos". Dende aí, Interna explora un percorrido a través das formas invisibles que habitan a casa, a través dp "frío de corvos" dos desaparecidos, do peso das perdas que se pousan ou que transcorren espectralmente arredor de nós.