DA SILVA, KIKO
A comunidade do búnker 0018 situado na devastada tundra rusa, vive en conmoción por un asasinato. A inspectora Collins, do corpo de policía, é destinada alí para atopar ó culpable. O lugar onde parecen reinar a prosperidade e a conduta pacífica, resulta ser un refuxio para o crime, en mans dos seus dirixentes. Crime ó cal a inspectora deberá enfrontar.