NEIRA VILAS, XOSE
Van aquí tres breves libros nun só volume. Publicáronse por primeira vez respectivamente en 1973, 1980 e 1986. Mais, coma se fosen escritos nunha xeira continuada, existe neles o mesmo ton poético, a mesma síntese, o mesmo afán evocador da infancia, da adolescencia, do tempo ido. Estas páxinas chámanos á reflexión, á nostalxia arredor dalgúns aconteceres e duns escenarios que son a un tempo íntimos, persoais e de todos, o múltiple devir da sociedade galeganos seus sentimentos, dores e esperanzas. Todo aquí é vello e novo ao mesmo tempo, pasado e presente, cavilación e vibrante latexo.
Xosé Neira Vilas (gres, Val do Ulla, 1928) é membro numerario da RAG e Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruñae da Habana. Autor dunha ampla obra, entre a que destaca Memorias dun neno labrego (1961), a novela galega máis reeditada e traducida.