LARSON, PAR
Velaquí un libro de grande interese para todos aqueles que aman a nosa historia, a nosa lingua e a nosa literatura. O seu autor, Pär Larson, é un sueco afincado en Italia que coñece coma poucos as nosas cantigas medievais. Estamos diante da primeira descrición sistemática da lingua usada polo trobadores da Penínsuls Ibérica - desde Galicia e Portugal ata o reino de Aragón- , Entre finais do século XII e mediados do XIV, para compor tanto poesía lírica sacra (as Cantigas de Santa María de Afonso X) como profana (cantigas de amor, de amigo e de escarnio e mal dizer).