ALVAREZ DE LA GRANJA / NEGRO RROMERO, MARTA
En primeiro lugar, ofrécese un conxunto de estudos que mostran non só a existencia dun gran patrimonio léxico vivo, cunha riqueza ás veces insospeitada ao quedar boa parte do vocabulario fóra dos dicionarios e da tradición escrita, senón tamén o interese deste patrimonio lingüístico para coñecer tanto a historia coma o presente da lingua e do territorio.