LOPEZ RODRIGUEZ, XAVIER
Mario, un vello conserxe, vese sorprendido por un mendigo que lle pide esmola chamándoo polo seu nome, como se o coñecese de toda a vida. Este feito estraño pero sen importancia aparente vai poñer a Mario no centro dunha feroz maquinaria de rumores e murmuracións.
LINGUAS LONGAS é unha novela sobre a incomprensión e a intolerancia das que son víctimas os vellos, sobre todo cando a súa conducta non se axusta por completo ás normas imperantes.