LONXE DE NOS E DENTRO E OUTRAS PAXINAS

LONXE DE NOS E DENTRO E OUTRAS PAXINAS

GONSAR, CAMILO

19,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Editorial:
EDITORIAL GALAXIA S.A.
Ano de edición:
2025
ISBN:
978-84-1176-489-6
Páxinas:
140
Encadernación:
Tapa blanda
Colección:
BIBLIOTECA 75 ANOS
19,50 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir a favoritos

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos.
O novo volume desta colección conmemorativa é Lonxe de nós e dentro e outras páxinas, de Camilo Gonsar, con introdución da escritora Antía Yañez.
Saída do prelo na colección Illa Nova de Editorial Galaxia en 1961, tratase do debut dun autor clave dentro do proceso modernizador das letras galegas contemporáneas. Son, os relatos que compoñen esta obra, fondamente disruptivos coa tradición anterior. O fantástico e marabilloso esvaecen, e batemos cun realismo que acredita o baleiro da cotiandade nas grandes cidades, o absurdo da existencia e á alienación inherente a toda experiencia migratoria.
Di o propio, Gonsar no limiar á segunda edición en 1985: “ao reler os contos de Lonxe de nós e dentro, escritos a finais dos anos cincuenta, sorprendeume un feito ben sabido, pero que non se adoita medir en todo o seu alcance: a profundidade do cambio social que tivo lugar en trinta anos máis ou menos”. Pasaron xa outros 40 anos desta edición e o cambio social multiplicouse de xeito exponencial, mais hai algo que non mudou, a extraordinaria calidade literaria destes relatos. Pasen e gocen de Gonsar en todo o seu esplendor.

Artigos relacionados

  • LINGUA ESTRANXEIRA, A (PREMIO DA CRITICA NARRATIVA GALEGA 2022 E OJO CRITICO NARRATIVA 2023)
    BRAIS, LAMELA
    Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece.Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro deci...
    Dispoñible

    22,50 €

  • OVERSIZE
    BOENTE, MARTA
    A protagonista de Oversize é unha dependenta que avanza por Madrid para ir a unha formación de traballo entre a rutina do día, accidentes e titulares. Confeccionada a través dun álbum de recordos propio, esta historia procura falarnos do que pasa ao noso carón sen apenas rozarnos e, ao mesmo tempo, do que impacta en nós sen previo aviso. Da relación, en definitiva, que se tece ...
    Dispoñible

    18,10 €

  • DO SANTO LUCAS Ó SAN XOHÁN. ONCE HORAS COMPOSTELÁNS
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN
    Nesta edición de Patricia Arias Chachero, reúnense dous textos que Ramón Otero Pedrayo rematou en Compostela en 1957: Do San Lucas ó San Xohán. Sazós de Compostela e Once horas composteláns, que comparten a vontade de homenaxear abertamente a cidade compostelá, e onde Otero nos achega a súa especial vivencia da cidade do Apóstolo. ...
    Dispoñible

    22,00 €

  • ASASINATO NA CASA ROSA
    PORTABALES, ARANTZA
    Desde a editorial queremos promover unha campaña de prevenda deste libro en todas as librerías que teñen o servizo de novidades, pola que Galaxia asumiría un 5% a maiores en todos os pedidos que reciba entre o 10 de decembro e o 21 de xaneiro.Estes pedidos teñen que ser en firme, ou sexa, non terán dereito a devolución.Se é do voso interese, só tedes que poñer a vosa campaña a ...
    Dispoñible

    21,40 €

  • OBRA DRAMÁTICA INÉDITA EN CASTELÁN. CLARA-HELENA-LA MADRESELVA
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN
    Manuel F. Vieites achéganos tres textos dramáticos inéditos de Ramón Otero Pedrayo —Clara, Helena e La madreselva — escritos en castelán, onde, cando menos un deles, antecede o comezo da súa carreira literaria en lingua galega, cara a1929, e supoñen o inicio da súa traxectoria como escritor. ...
    Dispoñible

    18,50 €

  • AGONIA DAS FOLERPAS, A (II PREMIO DE NOVELA GALICIA RURAL 2022)
    REBOIRAS LOUREIRO, OSCAR
    A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada. A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas.Unha noviña xornalista chega por casualidade ao lugar. O que en principio é un achado arqueolóxico, convértes...
    Dispoñible

    26,10 €

Outros libros do autor

  • CARA A TIMES SQUARE
    GONSAR, CAMILO
    Non vou contar como chegou ás miñas mans este relato, porque sería complicado de máis. Só direi que non coñezo o seu autor e que disto moito de ser a persoa a quen está dirixido. Disto tanto, que esta persoa seguramente é un cidadán de fala inglesa. Efectivamente, o orixinal viña en inglés, un pobre e incorrecto inglés; todo o relativo a esta circunstancia quedará claro para qu...
    Dispoñible

    19,00 €

  • RELATOS COMPLETOS 1961-1995
    GONSAR, CAMILO
    Este libro reúne os relatos completos de Camilo Gonsar, autor dunha das obras narrativas máis singulares das escritas en Galicia desde a década de 1960.Entre Lonxe de nós e dentro, publicado en 1961, e Arredor do non, de 1995, o seu mundo ficcional afírmase e expándese. O tradicional pode ser moderno e o autóctono semellar alleo, vida urbana e vida rural non se opoñen, narració...
    Dispoñible

    21,40 €

  • NOITE DA AURORA, A
    GONSAR, CAMILO
    Un fascinante paseo pola vida nunha viaxe que comeza en Islandia e continúa na mente do lector logo de rematado o relato.Esta historia lévanos dende Reikiavik, onde dous galegos coinciden ao trocaren moeda nun banco, á cantina solitaria dunha estación da Galicia interior, na que se reúnen tres amigos para illarse da mediocridade e tentar fuxir dunha vida monótona e predecible. ...
    Dispoñible

    19,00 €

  • DESFEITA
    GONSAR, CAMILO
    Dispoñible

    21,40 €

  • COMO CALQUERA OUTRO DIA
    GONSAR, CAMILO
    Dispoñible

    20,95 €

  • LONXE DE NOS E DENTRO. E OUTRAS PAXINAS (esgotado)
    GONSAR, CAMILO
    Esgotado

    13,70 €