MANDIANES CASTRO, M.
Este é o estudio antropolóxico dunha parroquia galega, Loureses, enclavada no sur da Limia, en terras de Ourense. O seu autor, o profesor Mandianes Castro, doctor pola universidade de Estrasburgo, é natural daquel lugar, polo cal se pode dicir que "mereceu" a información esencial que lle permitiu levar a cabo a súa investigación, beneficiándose ó mesmo tempo da obxectividade que lle otorga o feito de ter vivido casi toda a súa vida fóra e aínda lonxe de Galicia.