CALVO, PAULO
O padre Aldán guía un grupo de frades irlandeses cara un recuncho da antiga Britonia, lar de Maeloc, coa misión de acubillar un poderoso artefacto. O mesmo que o doutor Fausto Wessler procura para o Führer, sabendo que de atopalo o ditador acadaría a gran vitoria que desexa para os nazis sobre Europa.